Hoxe o alumnado de 4º de
Primaria tivo un encontro con Antonio M. Fraga, autor da novela Papá
Caníbal. O libro foi o escollido este curso para ler no seu club de
lectura de aula e resultou un verdadeiro éxito.
A enxeñosa e divertida
novela arrancou as risas e fixo gozar a todas e todos coa súa lectura e por
fin, esta mañá, as nenas e nenos de 4º tiveron ocasión de charlar sobre ela e
sobre moitas outras cousas co seu creador.
Resultou unha conversa moi
interesante e ao finalizar o escritor asinou os exemplares do alumnado como un
fermoso recordo deste encontro e desta lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario