mércores, 12 de febreiro de 2025

APRENDEMOS MÁIS SOBRE VIRUS E BACTERIAS

Hoxe Claudia, a mamá de Amelia Luchón, de 2º B, visitou a nosa biblioteca para explicarlle ao alumnado de 2º a diferenza entre virus e bacterias, os cinco medios polos que se contraen os virus e as formas de evitalos para non enfermar.

Para rematar, as nenas e nenos puideron comprobar algunha das explicacións cun pequeno experimento para ver como o xabón elimina microorganismos  e serve para evitar a transmisión dos virus.

Foi unha charla moi interesante e desde a Biblioteca agradecemos a colaboración de Claudia na educación da nosa rapazada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario