O 5 de xuño de 1898 nacía
nunha vila de Granada o poeta español máis lido de todos os tempos: Federico
García Lorca.
Pertencente á xeración do
27, ademais de poeta e dramaturgo en lingua española, foi autor tamén de Seis
poemas galegos.
Morreu fusilado polas
forzas franquistas un mes despois de comezar a guerra civil española. Tan só
tiña 36 anos e o seu único delito fora ser homosexual e de esquerdas. O seu
corpo aínda non foi atopado.
Convidámosvos a escoitar
un dos seus poemas galegos musicado por Luar na Lubre: Chove en Santiago (no poema orixinal, Madrigal á cibdá de Santiago).
O
enlace onde poder ler os Seis poemas galegos ao completo sería
Deixámosvos aquí unha
mostra:
Canzón de cuna pra Rosalía
Castro, morta.
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe coma unha vaca!
Os arados van e vên
dende Santiago a Belén,
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van a ô mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe coma unha vaca!
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe coma unha vaca!
Os arados van e vên
dende Santiago a Belén,
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van a ô mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe coma unha vaca!
Federico García Lorca, 1935
(Seis poemas galegos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario