martes, 28 de abril de 2020

29 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA DANZA

Mañá, mércores, 29, celébrase o Día Mundial da Danza.

Dende o Salón do Libro de Pontevedra puxéronse en contacto con Pesdelán e estes artistas deseñaron un espectáculo exclusivo para este tempo de confinamento.

Empregando a linguaxe universal da danza, farán un percorrido polo baile tradicional galego, mais tamén polo de Euskadi, Brasil ou Portugal.

A finalidade é que vós, familias, bailedes, gocedes e celebredes xuntos este fermoso día, aínda que non se poida saír da casa.

Deixámosvos aquí o enlace no que poderedes acceder ao espectáculo, aínda que tamén o poderedes facer a través das canles habituais do Salón (Facebook, Instagram ou Youtuve). 

Será mañá, mércores, 29, ás 12:00 horas.


Animádevos, e a bailar en familia con Pesdelán!!

luns, 27 de abril de 2020

AGRADECEMENTO


Rematada a Semana do Libro, queremos agradecervos a participación nos retos propostos dende a Biblioteca. Estamos moi felices coa vosa resposta e orgullosos dos magníficos traballos presentados. Parabéns a todas e todos!!


xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Hoxe, 23 de abril, festexamos o Día Internacional do Libro, que naceu coa intención de fomentar a lectura e defender a industria editorial e os dereitos de autor.

A idea desta conmemoración xurdiu en España en 1926, aínda que as súas orixes están ligadas á celebración do San Jordi en Cataluña, onde era costume que os homes lle regalasen unha rosa ás mulleres e estas, a cambio, os agasallasen cun libro.

Comezouse celebrando o 7 de outubro, data na que se cría que nacera Miguel de Cervantes, autor do Quixote, pero cando se descubriu que isto non era certo, trasladouse a conmemoración para o día da súa morte, o 23 de abril, coincidindo así coa festividade de San Jordi.

Finalmente, en 1995, a UNESCO estendeu a celebración a outros países do mundo coa proclamación deste día como o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, atendendo á “casualidade” de que se correspondía coa data do falecemento de Cervantes e coa do nacemento e morte de William Shakespeare.

Aínda que hoxe non poidamos saír á rúa nin mercar un libro co que agasallar a algún dos nosos seres queridos, dende este recuncho da Biblioteca queremos animarvos a celebrar dalgún xeito este día.
Deixámosvos aquí algunhas propostas de lectura:

Preme nas imaxes para acceder aos libros


E se preferides escoitar, ofrecémosvos este coñecido conto infantil: 
O incrible neno devorador de libros.
 (Versión en castelán)

 (versión en galego)

mércores, 22 de abril de 2020

ESTAS SON AS VOSAS RESPOSTAS AOS NOSOS RETOS


RETO 1:
Esta é a historia enviada por Ainoa Cabaleiro de 6ºC

Unai de 2ºB creou esta bonita historia

Suso Torres de 4ºA achéganos a súa creación narrativa.

Alexia Gómez de 6ºB creou para nós esta bonita narración.

Paula Gómez de 1ºA ofrécenos a súa historia.

Blanca Otero de 3ºB déixanos aquí a narración que ideou para este reto. 


Gabriel Seoane de 6ºA creou e enviounos esta historia.



Sara Martínez de 2ºB creou para todos nós esta imaxinativa historia.

Outra orixinal historia creada por Sabela Lourenzo de 6ºA


Luján de 3ºB envíanos este relato.

Esta é a historia que nos ofrece Juan Canosa de 5ºA.

Aquí escoitamos a Noa Gutierrez de 3ºC

Sergio Dominguez de 2ºA ofrécenos a súa historia


 Sabela Granja de 2ºA envíanos o seu conto.

Esta é a proposta que nos envía Ramón Granja de 5ºA.

Fermosa historia contada por Mateo Quintás de 6º Infantil B

Cael Wam Zalimy, de 5º C, preséntanos esta outra historia en inglés
 

Uxía Granja de 3ºB, tamén nos manda a súa historia.

RETO 2: 
Iván de 5º B de Infantil tamén quixo conmemorar con nós o Día do Libro.

Mateo de 6º de Infantil B envíanos unha proposta moi creativa animándonos a vivir novas aventuras.
Mateo e Vera (futura alumna do Padín Truiteiro).

Nízar de 6º C dando exemplo e lendo para a súa irmá Malak de 5º de Infantil. Así é como se fomenta nos máis pequenos o gusto pola lectura. Grazas, Nízar!

Brais Boullosa de 6ºB envíanos esta fermosa imaxe para conmemorar o Día do Libro.

Alexia Gómez Fragueiro de 6º B nun tranquilo momento de lectura en familia.


Paula Gómez de 1º A aproveitando o bo tempo para  ler en compañía.

Blanca Otero de 3ºB optou por preparar un agradable ambiente para este momento máxico da lectura escollida.


Niko sobral de 2ºB atrevéndose cunha lectura "de maiores". Moi ben Niko!

Miguel de 5ºA Infantil parece totalmente concentrado na súia lectura.

Ana de 5ºB Infantil quixo compartir con nós esta tarde de lecturas en compañía da súa nai.

Lola Fernandez de 6ºB envíanos esta bonita estampa dunha lectura en familia nun fermoso día de primavera.


Alma Castellano, de 4º Infantil B convertida nunha fenomenal contacontos para o seu pai!

Javier de 6ºA envíanos esta típica imaxe de sofá, manta e libro. Fenomenal opción para pasar un bo rato!

Rosalía Pérez de Lis, de 5ºB Infantil, mergullada nun mar de libros. Como se nota o ben que o está a pasar. 

Unai de 2ºB e Isis de 5ºB Infantil amósannos, xunto aos seus pais o seu artístico tendal dos Libros que crearon para conmemorar esta data espacial!

Álvaro Candamo de 1ºB, gorecido polo Paraugas Dameaugas do noso benquerido Anxo Moure. Unha boa elección.

Agustín Redondo, de 3ºB, envíanos esta foto na que parece sumerxido nun verdadeiro mundo de fantasía. Con esta ambientación ten que ser doado deixarse levar pola maxia dos libros!

Manuel García Domínguez, de 1ºA moi concentrado no seu fermoso libro de pop-ups.


Alma Edreira de 2ºB moi concentrada na súa lectura deste Día do Libro. 

Unha familia de lectoras, Rita de 6ºC, Rosalía de 5ºC e súa nai, a nosa compañeira Araceli. As tres gozando deste solleiro Día do Libro

Luján de 3ºB, moi concentrada na lectura deste día.

Leo Gómez de 1ºA,xunto con toda a súa familia deséxannos un feliz Día do Libro !!!

Brais Barcia 6ºB tamén nos envía a súa colaboración.

Malena 3ºA e Nuno festexan o Día do Libro.

Ramón Granja coas súas irmás Uxía 3ºB e sabela 2ºA

Juan Canosa 5ºA e a súa irmá (exalumna do noso cole)

Martiño Taboada 4º Infantil B lendo en familia

Sergio Dominguez Neira 2ºA

Alejo Boullosa Barreiro de 1ªB e o seu irmán Teo de 4ºde Infantil B.
Alejo léndolle a Teo o seu conto preferido: Cocorico

Cael Wam Zalimy, de 5º C, e a súa familia.

martes, 21 de abril de 2020

23 de abril, Día do Libro


Tomar un libro nas nosas mans sempre é unha agradable maneira de pasar o tempo. Con el podemos esquecer os nosos problemas por un tempo, soñar, evadirnos, vivir novas aventuras, aprender, emocionarnos...
Este ano celebramos o Día do libro nunhas circunstancias moi especiais, pero seguro que, precisamente por iso, os libros foron nestes días uns dos nosos mellores amigos.
Por iso, dende a Biblioteca queremos proporvos hoxe unha serie de retos cos que podedes conmemorar esta data. Aí van:

RETO 1: Crear unha breve historia a partir dos títulos dalgúns libros que teñades pola casa.
Deixade voar a vosa imaxinación e poderedes crear calquera historia. A temática é totalmente libre.
Deixámosvos a continuación un sinxelo exemplo creado pola mestra Esther.

RETO 2: Lendo en familia.
Envíanos unha foto destes días na que ti ou a túa familia aparezades lendo. Pode ser un libro, o periódico, unha revista ... o que queirades.

Animádevos a participar e enviádenos os vosos retos ao correo da biblioteca: 
biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com

indicando no asunto RETO BIBLIOTECA. Non esquezades incluír o voso nome e curso. Iremos colgando no blog da biblioteca as propostas recibidas.
Esperamos impacientes as vosas achegas.

Feliz Día do Libro!!

xoves, 9 de abril de 2020

SEMANA DA DIVERSIDADE

Do 9 ao 13 de marzo estaban previstas toda unha serie de actividades para celebrar a Semana da Diversidade sexual e Familiar.
Dende a biblioteca expuxéronse unha selección de libros encamiñados a traballar co alumnado a temática da diversidade sexual, os diferentes tipos de familia e, ante todo, o respecto polas diferenzas.
Dende os máis cativos de Infantil ata os maiores usaron estes libros na aula ou pasaron pola Biblioteca acompañados das súas titoras e titores para coñecer algunhas das historias e reflexionar xuntos sobre elas.
Leváronse a cabo sesións de contacontos tanto no espazo infantil como na Biblioteca central.


Ademais, nas aulas realizáronse diversas actividades formativas e de creatividade. A intención era pór unha pequena semente no noso alumnado co fin de formar uns futuros adultos máis tolerantes e empáticos.

(Música Titiritesa por Almudena Janeiro-Contos en Cantos)
O venres, 13, estaba previsto montar un mural no patio cos traballos realizados nas aulas ao longo de toda a semana. O anuncio da suspensión das clases impediu que se rematara, pero á volta tentaremos retomar o tema e ensinarvos aquí o chulo que quedou.

mércores, 8 de abril de 2020

O Salón do Libro tamén na rede

Como cada ano, o Salón do Libro de Pontevedra abría as súas portas para una nova edición que levaba por título “O Humor”, a celebrar do 6 ao 27 de marzo. Porén, o día 12 víase na obriga de cancelar toda a súa programación sen posibilidade de reapertura no presente ano.
Dende ese momento, a organización traballou na maneira de adaptarse ás circunstancias e facernos chegar unha boa parte do seu programa. A través da web poderedes acceder a un montón de recursos e propostas coas que entreterse nestes días de obrigado confinamento: vídeos con obradoiros, contacontos, visitas virtuais...
Deixámosvos aquí algunhas mostras do que nos ofreceu ese Salón do Libro virtual neste ano 2020. Animádevos a buscar outras!
Torradas divertidas.


O León, por Pavís Pavós


Celebramos a primavera.


Creando o noso buscacacas.


As nubes desde o Salón


Malabares na casa

xoves, 2 de abril de 2020

Materiais para unha situación excepcional

Como xa levamos moitos días de corentena,  dende a Biblioteca queremos poñer á vosa disposición algúns recursos literarios que vos poidan axudar a pasar o tempo dun xeito máis ameno. Grazas á atención da distribuidora Consorcio Editorial Galego e á solidariedade e xenerosidade de moitos e moitas creadoras e editoriais, podemos achegarvos unha serie de materiais educativos de balde para facer máis levadía esta situación excepcional.
Preme no nome da editorial e poderás acceder aos contidos.
Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades


 Como liberar o potencial do voso neno: Kit completo de actividades Montessori 0-2 anos

Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal

Contos contados en Kalandraka TV

Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"