venres, 28 de xuño de 2019

RENOVACIÓN DA BIBLIOTECA

A NOSA NOVA BIBLIOTECA
A transformación do noso centro escolar nun CEIP trouxo consigo a necesidade de efectuar múltiples reformas de mellora e tamén nos permitiu contar con novos e mellores espazos.
Deste xeito tivemos oportunidade de iniciar un fermoso proxecto de mellora da Biblioteca Escolar que implicou tanto cambios de localización como a ampliación do espazo.

A antiga biblioteca estaba localizada nunha aula demasiado pequena, o que imposibilitaba ou dificultaba moito a creación de espazos diferenciados e definidos.
Imaxes da antiga biblioteca na que se poden apreciar a falta de espazo e andeis acristalados.
Tomamos a decisión de trasladar a Biblioteca á antiga aula de plástica e puxémonos mans á obra.
Traslado dos materiais.
Este era un lugar moito máis amplo e nunha zona exterior de fácil acceso tanto para o alumnado como para as familias e resto da comunidade educativa.
Transformación da porta de entrada.

Tras diversas obras de acondicionamento, que incluíron a creación dun aseo e a habilitación dunha zona de almacén, comezamos coa definición dos novos espazos.
A nosa mascota situada na entrada entre a zona de almacén e o baño.

Logramos crear espazos diferenciados e eliminar “barreiras” que dificultaban o acceso do alumnado á información, como eran os andeis acristalados.
Ademais de definir unha sección de busca informativa e demarcar as seccións de literatura por grupos de idade, creouse unha zona de lectura, un espazo de conexión á rede e un lugar para os xogos de mesa.


Novos espazos na Biblioteca central.

Elaboráronse letreiros indicadores das distintas zonas, instalouse unha cortiza de anuncios e un andel expositor.




Na antiga biblioteca creouse unha zona específica e acolledora para o alumnado máis cativo: a sección infantil.




Exemplos de como se foron transformando espazos e mobiliario.


Instaláronse tapices de goma eva no chan, pintáronse de cores algunhas mesas e cadeiras e decoráronse as paredes. Dispúxose unha sección informática con varios ordenadores e acceso á rede e colocáronse diversos andeis expositores e caixóns que permiten o acceso aos libros por parte do alumnado.
Hoxe contamos cunha Biblioteca viva, acolledora e atraente para o alumnado e aberta a toda a comunidade educativa. 





Durante o curso tamén funcionan as Bibliotecas de Aula, pero os seus fondos están rexistrados e xestionados dende a Biblioteca de Centro e renóvanse varias veces ao longo do curso.
Exemplo de biblioteca de aula

xoves, 13 de xuño de 2019

PROXECTOS

PROXECTO DE MELLORA PARA A BIBLIOTECA

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA ESCOLAR