martes, 22 de xuño de 2021

Os libros tamén son para o verán

 Como este ano seguramente non imos poder viaxar moito, deixámosvos aquí as nosas recomendacións lectoras para eses momentos de relax. Esperamos que algunha sexa do voso agrado. Xa nos contaredes á volta.

Feliz verán a tod@s!

mércores, 16 de xuño de 2021

FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

 Remata o curso e na Biblioteca quixemos facer unha despedida organizando unha actividade de contacontos para o alumnado que non tivo ocasión de realizar saídas nin encontros durante todo o ano.

O alumnado de 3º de Primaria e o dos tres niveis de Infantil recibiron onte a visita de Benxamín Míguez Novoa, que fixo as delicias de todas e todos.

As nenas e nenos convertéronse por un día nos protagonistas da historia e víronse reflexados nas magníficas ilustracións de Benxamín. Con esa complicidade logrou manter a atención permanente das cativas e cativos que quedaron abraiados coa rapidez do debuxante e a súa peculiar forma de crear e contar un conto.

Foi un pracer contar coa súa presenza!

mércores, 2 de xuño de 2021

VISITA DE PERE TOBARUELA

 Hoxe o alumnado de 6º recibiu ao autor de Formigas, Pere Tobaruela.

Para manter as medidas de seguridade e poder garantir o distanciamento interpersoal, o encontro realizouse no patio cuberto.

A charla resultou moi amena para as rapazas e rapaces e rematou coa sinatura de libros por parte do autor.