mércores, 16 de xuño de 2021

FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

 Remata o curso e na Biblioteca quixemos facer unha despedida organizando unha actividade de contacontos para o alumnado que non tivo ocasión de realizar saídas nin encontros durante todo o ano.

O alumnado de 3º de Primaria e o dos tres niveis de Infantil recibiron onte a visita de Benxamín Míguez Novoa, que fixo as delicias de todas e todos.

As nenas e nenos convertéronse por un día nos protagonistas da historia e víronse reflexados nas magníficas ilustracións de Benxamín. Con esa complicidade logrou manter a atención permanente das cativas e cativos que quedaron abraiados coa rapidez do debuxante e a súa peculiar forma de crear e contar un conto.

Foi un pracer contar coa súa presenza!

Ningún comentario:

Publicar un comentario