sábado, 21 de decembro de 2019

CARTAS A PEDRO MADRUGA

“Este Nadal as servas e servos de Don Pedro fixéronlle entrega das súas humildes peticións na biblioteca do Castelo.”

Como parte do noso proxecto de centro, o alumnado, dende E. Infantil ata 6º de Primaria, traballou as características dunha carta coas súas estruturas de redacción e o vocabulario preciso para unha misiva formal.

O produto final consistiu na entrega da mesma a Don Pedro Madruga nas dependencias da Biblioteca.
 
A actividade resultou todo un éxito!

mércores, 18 de decembro de 2019

BOLETÍN DECEMBRO 2019

PREME NA IMAXE PARA VER O DOCUMENTO COMPLETO

INVESTIGAMOS NA BIBLIOTECA

A busca de información para o noso Proxecto de Centro sobre A Idade Media en Soutomaior empeza a dar os seus froitos.
Durante toda esta semana, do 16 ao 18 de decembro, o alumnado de 6º fixo un excelente traballo presentando os resultados das súas investigacións ás compañeiras e compañeiros dos cursos máis baixos.

xoves, 5 de decembro de 2019

NOVA SECCIÓN

Abrimos unha nova sección na biblioteca: LIBROS EN FRANCÉS.
Son uns clásicos da editorial OQO dos que tamén dispoñemos de exemplares en galego.

martes, 3 de decembro de 2019

CONTACONTOS ESPECIAIS

As nenas e nenos de Infantil gozaron hoxe dunha especial sesión de contacontos levada a cabo polo alumnado de 6º curso.
A maxia das historias e a estupenda interpretación das e dos contadores fixeron as delicias dos máis cativos, que agradeceron con fortes aplausos o traballo realizado por estes artistas de 6º.
Esta é unha actividade que xa se ven desenvolvendo dende hai anos e que sempre se avalía de xeito moi positivo tanto polo público ao que vai dirixida como polo alumnado encargado das contadas. A interacción cos máis cativos e o exemplo que supón para eles o traballo dos maiores do cole é sumamente gratificante e motivador.
Parabéns a estas e estes fenomenais contadores de historias!