martes, 30 de novembro de 2021

PAPIROFLEXIA NA BIBLIOTECA

 

O libro Avións de papel está dando moito xogo no noso Club de Lectura Compartindo Aventura 

Esta semana aproveitamos alguns libros de papiroflexia da biblioteca para crear e facer voar os nosos propios modelos de avión. Algúns resultaron un fiasco, pero outros lograron un voo de boa calidade.

Resultou unha boa actividade!

luns, 15 de novembro de 2021

NOVEMBRO, MES DE CONMEMORACIÓNS

Estes días temos no panel de suxestións da Biblioteca unha selección de libros para traballar as conmemoracións destas próximas semanas: O Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de Novembro) e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de Novembro).

Os materiais están a disposición de todo o profesorado co fin de que poidan utilizalos para o traballo co seu alumnado, sexa na aula ou no espazo bibliotecario.

Ademais, como tamén estamos no Mes da Ciencia, o profesorado pode solicitar materiais cos que realizar actividades de experimentación.

luns, 8 de novembro de 2021

COMEZAMOS LECTURA

Hoxe comezamos as sesións literarias do noso Club de Lectura.

Iniciamos a nosa aventura arredor do libro Avións de Papel, de Xavier Estévez Ferreiro.

A medida que avancemos iremos contándovos que tal resulta a experiencia.

xoves, 4 de novembro de 2021

LIGAZÓNS

 Na lapela ligazóns contades con acceso aos dicionarios da REAL ACADEMIA GALEGA e da LINGUA ESPAÑOLA.

Tamén tedes acceso a un tradutor.

Agardamos que vos sexan de utilidade!

mércores, 3 de novembro de 2021

COMPARTINDO AVENTURA

Hoxe comeza a súa andaina o noso Club de Lectura Compartindo Aventura.

Un día á semana, na hora de recreo, parte das alumnas e alumnos de 6º, repartidos en dous grupos, van cambiar os xogos no patio por un encontro na biblioteca no que compartirán lectura, sentimentos, emocións e actividades con outras compañeiras e compañeiros.


martes, 2 de novembro de 2021

ADQUISICIÓN DE NOVIDADES

Como cada ano, a Biblioteca intenta actualizar os seus fondos tendo en conta as necesidades do centro e os intereses do alumnado,

Este ano contamos coa colaboración dos axudantes de biblioteca para realizar a selección dalgunhas novas adquisicións.