Estes días temos no panel de suxestións da Biblioteca unha selección de libros para traballar as conmemoracións destas próximas semanas: O Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de Novembro) e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de Novembro).
Os materiais están a disposición de todo o profesorado co fin de que poidan utilizalos para o traballo co seu alumnado, sexa na aula ou no espazo bibliotecario.
Ademais, como tamén estamos
no Mes da Ciencia, o profesorado
pode solicitar materiais cos que realizar actividades de experimentación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario