luns, 20 de decembro de 2021

CONCURSO: UNHA HISTORIA DE NADAL (EN BANDA DESEÑADA)

  Ademais de ofrecervos lecturas e material informativo, dende a Biblioteca tamén pretendemos animarvos a expresar artisticamente as vosas ideas. Nesta ocasión queremos propoñervos un novo reto: a creación dun cómic ou banda deseñada no que poder deixar voar a imaxinación cunha historia fantástica, tenra, divertida, terrorífica... ou o que vós queirades, que aconteza neste tempo de Nadal.

Podedes consultar aquí as bases e toda a información.

Haberá premio para os mellores traballos de cada ciclo.

Animádevos a concursar!

domingo, 19 de decembro de 2021

LECTURAS PARA O NADAL

O Nadal é unha época perfecta para gozar dunha boa lectura. Durante as Festas, grandes e cativos poden dispoñer dun tempo de calma para exercitar un hábito que nos enriquece e nos fai medrar como persoas.

Por iso, dende a Biblioteca queremos animarvos a incluír na carta para o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos a petición dun libro como agasallo.

Deixámosvos aquí algunhas suxestións a ter en conta para que as incorporedes entre os vosos desexos.

Bo Nadal e Felices Festas!

venres, 3 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Se vos apetece escoller algunha lectura relacionada con esta época, no panel de suxestións xa tendes unha selección de libros coa temática do Nadal.

Feliz Nadal e felices lecturas!



martes, 30 de novembro de 2021

PAPIROFLEXIA NA BIBLIOTECA

 

O libro Avións de papel está dando moito xogo no noso Club de Lectura Compartindo Aventura 

Esta semana aproveitamos alguns libros de papiroflexia da biblioteca para crear e facer voar os nosos propios modelos de avión. Algúns resultaron un fiasco, pero outros lograron un voo de boa calidade.

Resultou unha boa actividade!

luns, 15 de novembro de 2021

NOVEMBRO, MES DE CONMEMORACIÓNS

Estes días temos no panel de suxestións da Biblioteca unha selección de libros para traballar as conmemoracións destas próximas semanas: O Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de Novembro) e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de Novembro).

Os materiais están a disposición de todo o profesorado co fin de que poidan utilizalos para o traballo co seu alumnado, sexa na aula ou no espazo bibliotecario.

Ademais, como tamén estamos no Mes da Ciencia, o profesorado pode solicitar materiais cos que realizar actividades de experimentación.

luns, 8 de novembro de 2021

COMEZAMOS LECTURA

Hoxe comezamos as sesións literarias do noso Club de Lectura.

Iniciamos a nosa aventura arredor do libro Avións de Papel, de Xavier Estévez Ferreiro.

A medida que avancemos iremos contándovos que tal resulta a experiencia.

xoves, 4 de novembro de 2021

LIGAZÓNS

 Na lapela ligazóns contades con acceso aos dicionarios da REAL ACADEMIA GALEGA e da LINGUA ESPAÑOLA.

Tamén tedes acceso a un tradutor.

Agardamos que vos sexan de utilidade!

mércores, 3 de novembro de 2021

COMPARTINDO AVENTURA

Hoxe comeza a súa andaina o noso Club de Lectura Compartindo Aventura.

Un día á semana, na hora de recreo, parte das alumnas e alumnos de 6º, repartidos en dous grupos, van cambiar os xogos no patio por un encontro na biblioteca no que compartirán lectura, sentimentos, emocións e actividades con outras compañeiras e compañeiros.


martes, 2 de novembro de 2021

ADQUISICIÓN DE NOVIDADES

Como cada ano, a Biblioteca intenta actualizar os seus fondos tendo en conta as necesidades do centro e os intereses do alumnado,

Este ano contamos coa colaboración dos axudantes de biblioteca para realizar a selección dalgunhas novas adquisicións.

martes, 26 de outubro de 2021

TEMPO DE DEFUNTOS, TEMPO DE SAMAÍN

 O Samaín é unha festividade de orixe celta que representaba o final da época de colleitas e o inicio da “estación escura”.

Para os celtas o “Samhain” significaba o comezo do seu Ano Novo, pero esa noite de lúa chea tamén se abrían as portas do outro mundo. As ánimas dos mortos atravesaban a porta que separa ambos mundos e visitaban as casas das súas familias para quecerse e tomar algo de alimento.

Os druídas acendían fogueiras en diferentes puntos do poboado para escorrentar os malos espíritos e guiar os defuntos no seu camiño. A xente cubríase con peles de animais para despistar aos fantasmas (de aí o costume de disfrazarse)  e collían as caveiras dos inimigos mortos na batalla para colocalas alumeando nos muros dos castros como forma de espantar os malos espíritos. Tamén conta a tradición que deixaban comida na porta das casas para manter contentas as ánimas e os druídas ían na noite de Samhain de casa en casa pedindo comida para honrar os seus deuses.

Na actualidade seguimos mantendo dalgunha maneira parte desas tradicións ancestrais e durante toda esta semana decoraremos os corredores da escola coas vosas aterradoras cabazas e calacús.

Como contribución a esta celebración, desde a Biblioteca queremos proporvos tamén algunhas lecturas terroríficas.

No panel de exposicións atoparedes libros con historias espantosas, terribles e arrepiantes coas que poder pasar unha aterradora (ou divertida) noite de Samaín.

domingo, 24 de outubro de 2021

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Dende 1997, cada  24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil  e apoiada polo Ministerio de Cultura e as diferentes administracións autonómicas. 

Na Biblioteca do Padín Truiteiro queremos dar cumprimento ao lema deste ano, “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” con diversas actividades:

·        Poñendo en marcha as nosas mochilas viaxeiras. Este mércores iniciarán o seu periplo anual por todas as casas.

·        Como entramos na semana do Samaín, exporemos ao longo de toda a semana unha variada selección de libros de medo para que teñades onde escoller e os poidades levar a casa.

·        O venres haberá sesión de contacontos. O alumnado de 6ºA fará unhas contadas para os máis cativos.

Esperamos que gocedes de todas estas actividades lendo, aprendendo e descubrindo.

martes, 19 de outubro de 2021

O RENACER DO CASTELO

Iniciamos un novo curso e continuamos indagando na historia do noso concello

O noso proxecto de centro para este ano académico 2021-2022 leva por título O Renacer do Castelo e ao longo do seu desenvolvemento tentaremos profundar no coñecemento da historia local de Soutomaior e das ilustres persoas que habitaron e engrandeceron aínda máis o noso magnífico castelo.

Tras os escuros séculos de abandono despois do matricidio perpetrado polo neto de Pedro Madruga, unha nova época de esplendor comeza na segunda metade do século XIX da man do VIII Marqués de la Vega de Armijo.

Ao longo dos distintos trimestres iremos dando conta dos traballos de investigación e descubrimentos do noso alumnado.

luns, 18 de outubro de 2021

18 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe celebramos en todas as bibliotecas o Día das Escritoras. Con esta iniciativa preténdese darlle visibilidade tanto ás autoras de hoxe en día como a todas esas outras mulleres que en moitas ocasións foron silenciadas ou minusvaloradas a respecto dos homes da súa época.

Por sorte parece que a sociedade actual empeza a recoñecer a aportación das mulleres ao mundo da cultura e a importancia da súa escrita. A través do reto que vos propuxemos queriamos poñerlles nome a moitas das nosas autoras galegas e isto foi o que nos enviaron algunhas familias.

Moitas grazas a todas e todos os que participastes e... a seguir gozando da lectura!

IAGO LÓPEZ DE 6ºB:


PAULA GÓMEZ DE 3ºA:


MANUEL GARCÍA DE 3ºA:


IAGO VARELA DE 3ºA:

MARTINA PIRES DE 4ºB:

Recomenda o libro "O ANIVERSARIO DE ANA" da escritora CONCHA BLANCO.

Tamén recomenda o libro "A CEBRA CAMILA" da escritora MARISA NÚÑEZ que é un libro moi divertido para os máis pequenos.

IAGO GOBERNA DE 5ºB:

Recomendacións:

Pai: "PLAN DE RESCATE", ANTÍA YAÑEZ.

Avó: "ÁS DE BOLBORETA". ROSA ANEIROS.

Iago: "CHOIVA DE RAS", ÁNXELA LOUREIRO.

NOA ALONSO DE 6ºC:

Estas son as miñas recomendacións:

Miña: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.

Miña nai: "OS PAZOS DE ULLOA" de EMILIA PARDO BAZÁN.

Meu irmán: "DARÍO A DIARIO" de XELA ARIAS.

CLARA VEIGA DE 6ºC:

Recomendacións:

Miña: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.

Miña nai: "NENA E O MAR" de ÉRICA ESMORÍS.

Meu irmán: "UNHA ESTRELA NO VERTO" de LEDICIA COSTAS.

ROI LOURENZO DE 6ºC:

Recomendacións:

Miña: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.

Miña nai: "CLUB DA CALCETA" de MARÍA REIMONDEZ.

Miña irmá: "MAMÁ QUERO SER ZIGGY STARDUST" de IRIA MISA.

IRIA GARRIDO DE 6ºC:

Recomenda:

"MAMÁ QUERO SER ZIGGY STARDUST" de IRIA MISA.

"JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA" de LEDICIA COSTAS.

"ICÍA QUERE CAMBIAR O MUNDO" de FINA CASALDERREY.

ANTÓN BAQUEIRO DE 6ºC:

Recomendacións:

Miña: "O MEU PESADELO FAVORITO" de MARIA SOLAR.

Miña nai: "INFAMIA" de LEDICIA COSTAS.

Meu padriño: "O MISTERIO DAS FILLAS DA LÚA" de FINA CASALDERREY.

IAGO FREIRE DE 6ºC:

Recomendacións:

Miña: "ANAGNORISE" de MARÍA VICTORIA MORENO" e "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS. 

Miña nai: "O CLUBE DA CALCETA" de MARÍA REIMÓNDEZ.

Miña curmá: "PUERTO ESCONDIDO" de  MARÍA ORUÑA.

CARLOTA DE 6ºC:

Recomenda:

"FOLLAS NOVAS" - ROSALÍA DE CASTRO.

"LOS PAZOS DE ULLOA" - EMILIA PARDO BAZÁN.

"NON TE AMOLA" - XELA ARIAS.

LIDIA LEIRO DE 6ºC:

Recomenda:

ROSALÍA DE CASTRO "CANTARES GALLEGOS" e "EN LAS ORILLAS DEL SAR.

XELA ARIAS "NON TE AMOLA".

NICOLÁS FERNÁNDEZ DE 6ºC:

Recomendacións:

Miña: "PLAN DE RESCATE", autora: ANTÍA YAÑEZ.

"EL MISTERIO DEL PARQUE DE LAS ÁNIMAS", autora: ARRATE EGAÑA.

Miña nai: "MI ISLA" autora: ELISABET BENABENT.

"LO QUE LA MAREA ESCONDE", autora: MARÍA ORDUÑA.

Miña tía: "PALMERAS EN LA NIEVE", autora: LUZ GABÁS.

"AMOS Y MAZMORRAS", autora: LENA VALENTI.

BRAIS FREIRE DE 5ºA INFANTIL:

Recomendacións:

Meu irmán: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.

Miña nai: "O CLUBE DA CALCETA" de MARÍA REIMÓNDEZ.

Miña curmá: "PUERTO ESCONDIDO" de  MARÍA ORUÑA.

UXÍA BLANCO DE 5ºB:

Recomendacións:

Avó: ROSALIA DE CASTRO. "LEMBRANZAS"

Avoa: EMILIA PARDO BAZÁN. "LA MADRE NATURALEZA"

Nai : ROSALÍA DE CASTRO. "FOLLAS NOVAS"

Pai: CASTELAO. "RETRINCOS"

Irmán: LEDICIA COSTAS. "VAMPIRA DE BIBLIOTECA"

JOSE OTERO DE 6ºC:

Rcomenda:

Para infantil: "ASÚSTATE MERCHE" de FINA CASALDERREY.

Para prinaria: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.

Para adultos: "22 SEGUNDOS" de EVA MEJUTO.

CLAUDIA MÍGUEZ DE 5ºB:

Recomenda a escritora LEDICIA COSTAS cos títulos: "UNHA ESTRELA NO VENTO" (para infantil) e "INFAMIA" (para adultos)

Tamén recomenda "CHOIVA DE RAS" de ÁNGELA LOUREIRO (para primaria)

ALDARA LEIRO DE 3ºB:

Recomendo a LEDICIA COSTAS por libros como "A SEÑORITA BUBBLE"

A miña nai recomenda a MARÍA REI VILAS polo libro "FLORES DE FERRO" (para nenos/as da ESO, Bacharelato, FP ou quen lle interesa a guerra civil española)

A miña avoa recomenda a EMILIA PARDO BAZÁN polo libro entre outros "OS PAZOS DE ULLOA" reflexa unha época galega do século XIX.

SARA IGLESIAS DE 6ºB:

Vouvos recomendar un libro de XELA ARIAS chamado "DARÍO A DIARIO"

A miña nai vaivos recomendar un libro de MARÍA VICTORIA MORENO chamado "SEMENTEIRA DE FUTURO"

E para rematar a miña irmá vaivos recomendar o libro de MARÍA CANOSA chamado "O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS"

DANIELA LORENZO DE 4ºA DE INFANTIL:

MARÍA VICTORIA MORENO: "ANAGNÓRISE" (Foi profe do pai Sergio)

FINA CASALDERREY: "O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA" (Mamá María) "ASÚSTATE MERCHE" (Tía Moni) "QUEN ME QUERE ADOPTAR" (Primo Jose)

ROSALÍA DE CASTRO: "CANTARES GALLEGOS" (Avos maternos, Chus e Marisé)

ANXO MOURE: "O CARBALLO CON BOTAS" (Prima Noa)

MARÍA CANOSA: "RUBICUNDO" (Primo Jose)

CLOE DURÁN DE 6ºB:

A miña escritora galega favorita é ROSALÍA DE CASTRO co seu libro "FOLLAS NOVAS"

Eu son Rocío, a nai de Cloe, e a miña escritora galega favorita é EMILIA PARDO BAZÁN co seu libro "INSOLACIÓN"

Eu son avoa de Cloe e a miña escritora galega favorita é CONCEPCIÓN ARENAL co seu libro "EL VISITADOR DEL PRESO"

HUGO DE 4ºB:

Recomenda o libro de MARGARITA DEL MAZO que se chama "CARABUÑAS"

Á nai un libo que lle gusta moito é a obra de EMILIA PARDO BAZÁN "LOS PAZOS DE ULLOA"

A os avós gústalles a obra de ROSALÍA DE CASTRO, pero sobre todo "CANTARES GALLEGOS"

LUJÁN CRESPO DE 5ºB:

Á miña nai gústanlle os libros de MARÍA VICTORIA MORENO.

Ao meu irmán gústanlle os libros de LORENA CONDE.

E a min gústanme os libros de XIANA TEIMAY.

ÍA GARCÍA DE 2ºA:

ROSALÍA DE CASTRO con "CANTARES GALLEGOS"

MARÍA VICTORIA MORENO con "MAR ADIANTE"

ANDREIA COSTAS con "CORAZÓN DE VACA E OUTRAS VÍSCERAS"

ÉRIC PIÑEIRO DE 5ºB:

Teño varias escritoras e títulos xa que temos moitos libros en galego porque nos gusta moito a nosa lingua e temos que defendela.

A miña bisavoa recomendoume "FOLLAS NOVAS" de ROSALÍA DE CASTRO e "PIONEIRAS: GALEGAS QUE ABRIRON CAMIÑO" de ANAIR RODRÍGUEZ.

A miña tía recoméndame "MARUXA" de EVA MARÍA MEJUTO RIAL e tamén "UNHA FÁBRICA DE BICOS" de MARÍA CANOSA.

O meu pai recomendoume "TRISTES ARMAS" de MARÍA MAYORAL

O meu irmán recomendoume "OS NENOS DA VARIOLA" de MARÍA SOLAR.

A miña nai recomendoume "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA" de LEDICIA COSTAS e tamén "ICÍA QUERE CAMBIAR O MUNDO " de FINA CASALDERREY.

E eu recomendo "CHOIVA DE RAS" de ÁNGELA LOUREIRO e tamén  "MAMÁ TI SI QUE ME ENTENDES" de TERESA MOURE.

mércores, 13 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS 2021

 

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España desde o ano 2016. Con ela búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns lectivo máis cercano á festividade de Teresa de Jesús (15 de outubro), polo que este ano 2021 celébrase o 18 de outubro.

O lema  escollido para esta VI edición foi "Ler as idades da vida" e inspirándonos nel queremos propoñervos o primeiro reto deste curso.

Sen quitarlle importancia a ningunha escritora, no idioma que sexa, dende a Biblioteca Escolar parécenos imprescindible que se visibilice a obra das escritoras galegas. Por iso, o reto que vos lanzamos é que vós e as distintas xeracións da vosa familia (nais, pais, avoas, avós irmáns menores ou maiores,...) nos recomendedes cadanseu libro dalgunha escritora galega de calquera época. Como mínimo deben aparecer tres xeracións diferentes, co fin de representar “As idades da vida”, e tres títulos ou escritoras.

Podedes mandarnos as vosas propostas por escrito ou, preferiblemente, gravar un breve vídeo coas vosas recomendacións.

Coma sempre, recibiremos os vosos envíos no correo da biblio, biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com, indicando no asunto RETO BIBLIOTECA. Non esquezades incluír o voso nome e curso.

Colgaremos no blog da biblioteca as propostas recibidas ata o luns, día 18.

Animádevos a participar!

mércores, 6 de outubro de 2021

BENVIDA AO NOVO CURSO!

Un ano máis a biblioteca está case lista para recibirvos a todas e todos e comezar as súas actividades.

De momento, e ao igual que o curso pasado, continuaremos co protocolo COVID, a organización de horarios por aula e a limitación de aforos, pero se a situación continúa mellorando, este ano tentaremos ampliar a oferta de actividades.

Neste momento xa están funcionado a maioría das bibliotecas de aula e en poucos días, neste mes de outubro, poremos en marcha as mochilas viaxeiras e abriremos as portas da Biblioteca principal.

Esperamos vervos a tod@s!

martes, 22 de xuño de 2021

Os libros tamén son para o verán

 Como este ano seguramente non imos poder viaxar moito, deixámosvos aquí as nosas recomendacións lectoras para eses momentos de relax. Esperamos que algunha sexa do voso agrado. Xa nos contaredes á volta.

Feliz verán a tod@s!

mércores, 16 de xuño de 2021

FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

 Remata o curso e na Biblioteca quixemos facer unha despedida organizando unha actividade de contacontos para o alumnado que non tivo ocasión de realizar saídas nin encontros durante todo o ano.

O alumnado de 3º de Primaria e o dos tres niveis de Infantil recibiron onte a visita de Benxamín Míguez Novoa, que fixo as delicias de todas e todos.

As nenas e nenos convertéronse por un día nos protagonistas da historia e víronse reflexados nas magníficas ilustracións de Benxamín. Con esa complicidade logrou manter a atención permanente das cativas e cativos que quedaron abraiados coa rapidez do debuxante e a súa peculiar forma de crear e contar un conto.

Foi un pracer contar coa súa presenza!

mércores, 2 de xuño de 2021

VISITA DE PERE TOBARUELA

 Hoxe o alumnado de 6º recibiu ao autor de Formigas, Pere Tobaruela.

Para manter as medidas de seguridade e poder garantir o distanciamento interpersoal, o encontro realizouse no patio cuberto.

A charla resultou moi amena para as rapazas e rapaces e rematou coa sinatura de libros por parte do autor. 

mércores, 12 de maio de 2021

AVALIACIÓN BIBLIOTECA

Dado que a Biblioteca é un pouquiño de todas e todos, tamén tendes dereito a facer unha avaliación do seu funcionamento. Para iso pedímosvos que cubrades a enquisa que vos deixamos abaixo respondendo con sinceridade a todas as cuestións.

A intención da mesma é que nos fagades saber aquelas cousas que vos parece que están funcionando ben e aqueles outros aspectos nos que pensades que podemos mellorar.

As vosas suxestións serán tidas en conta para que, de cara ao próximo curso, a Biblioteca poida adaptarse e dar mellor resposta a todas as vosas necesidades.

Premede na imaxe, marcade en cada apartado a opción que consideredes máis axeitada e dádelle a enviar. Tendes de prazo ata o venres, día 28 de maio.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

venres, 7 de maio de 2021

XELA ARIAS NAS LETRAS GALEGAS 2021

Comezamos o mes de maio e achegámonos á celebración do día grande da nosa lingua, o Día das Letras Galegas.

Desde aquel primeiro 17 de maio de 1963, cando se homenaxeou a figura da nosa Rosalía nos 100 anos da publicación dos seus Cantares Gallegos, só outras tres mulleres máis foron recoñecidas neste sinalado día. Mais este ano a protagonista é novamente unha escritora: Xela Arias.

Xela Arias  foi unha muller comprometida coa defensa da paz, a xustiza, o medio ambiente  e a igualdade entre mulleres e homes. Polo seu inmenso traballo como editora, tradutora e sobre todo  como poeta excepcional, merece ese lugar especial na historia da nosa lingua e da nosa literatura.

Para empezar a coñecela e comprobar canto sabedes sobre esta xenial escritora, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñémosvos xogar cuns Pasapalabra. Con eles poderedes poñer a proba os vosos coñecementos sobre esta figura das nosas letras. Seguro que xa son moitos. Así que...

Ánimo e a comezar!

domingo, 2 de maio de 2021

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

 Dende a biblioteca queremos felicitarvos a todas e todos polas vosas achegas para celebrar o Día do libro. Mais queremos agradecer especialmente a participación das familias. A biblioteca pretende ser un lugar aberto a toda a comunidade educativa, no que todas e todos, ademais de aprender, vos sintades libres de expresar e compartir ideas, emocións, suxestións...

Deixámosvos a continuación un pequeno vídeo desas familias participantes.

Esperamos seguir contando con todas elas e con moitas máis en vindeiras ocasións.

MOITAS GRAZAS!

mércores, 21 de abril de 2021

O MEU LIBRO ESPECIAL

Nadine Raoui de 2ºA comparte o libro que máis lle gusta.


Manar Raoui de 3ºB comparte o seu libro favorito. 


Erica Nogueira de 2ºA comparte o seu libro preferido.


Lorenzo Santos de 1ºC comparte o seu libro favorito.


Younnes Fannane de 2ºA comparte o seu libro preferido.


Álex Gallego de 5ºA lendo o seu libro especial.


Uriel Rivas de 2ºA comparte o seu libro preferido.


Campio Suárez de 2ºA comparte o seu libro preferido.


Anxo Suárez de 5º infantil B comparte o seu libro favorito.


Jacob O´Brian de 2ºA: Este é o meu libro favorito "Astronomy 365 days". Gústame moito porque fala dos planetas, as estrelas e o universo. Tamén porque mo agasallou o meu avó.·


Lucas Galeano de 2ºA: A perseverancia, traballando polo noso soño ou meta, sempre o logramos.


Ía García de 1ºA comparte o que son os libros para ela.


Yago Varela comparte o seu libro favorito.


Sofía Vidal de 4ºA: Un dos contos que máis me gusta é o de Martina xa que fala duns nenos e nenas que viven aventuras moi interesantes e divertidas.

Nai de Sofía e Pablo Vidal: Cando era nena agasalláronme cun conto que aínda gardo con moito agarimo, "Soy Julia" de antonio Martínez, xa que espertou o meu interese para estudar e tratr de axudar a aprender a tódolos nenos e nenas, e dun xeito especial a aqueles que teñen algún tipo de discapacidade.

Trátase dun diario moi, moi divertido, no que unha nena con discapacidade nos conta os seus logros, aventuras, reflexións...


Matías Bea de 6ºC: O meu libro favorito é "Diario de un aldeano pringao". Encántame este libro porque amosa comedia e acción ademais de estar baseado nun videoxogo que me gusta moito.


Leo Gómez 2ºA: Escollín este libro de "Marvel colección de aventuras" porque mo regalou o meu curmán Hugo e gústanme moito os libros de superheroes.


A Estela de 2ºA gústalle moito este libro porque llo agasallou a súa tía. Foi o seu primeiro libro.


Paula Gómez de 2ºA gústalle moito este libro porque foi un agasallo do seu padriño o cal é unha persoa importante para ela. Trata dun vagalume e un bicho bola.


Manuel García de 2ºB comparte o seu libro preferido.


Sergio Domínguez de 3ºA comparte outro libro preferido.


Lucía Castro de 2º A comparte o seu libro preferido.


Luna Míguez de 2ºA: O meu libro preferido é: "Los MiniMuertos" de Ledicia Costas. porqu foi o primeiro libro que conseguín ler eu soa e gustáronme moito as aventuras dos seus protagonistas.


Paula Loira de 6ºA: Formigas é un libro sobre misións relacionadas coa catedral de Santiago; divertido...


Lucía Cernadas de 6ºA comparte o seu libro preferido.


Carlos Cameselle de 2ºA elixe os comics de "Superthings" porque lle encanta coleccionar todas as súas series; xunto cos seus comics, xa que lle encantan as súas historias.


Ramón Granja de 6ºA: O meu libro favorito é "Los tres mosqueteros". Foi un agasallo do Día do Libro e cando comecei a lelo, xa non puiden parar. Encantoume.


Uxía Granja de 4ºB: O meu libro favorito é "NEMIS, Princesas del Alba": Foi un agasallo dos meus pais no meu 10º aniversario e encantoume a aventura das princesas.


Sabela Granja de 3ºA: O meu libro favorito é "O Reino da Fantasía" porque mo agasallaron no Nadal e encántame a aventura que conta.


Mateo Quintás de 1ºC: O seu libro favorito é calquera de Gerónimo Stilton, goza lendo as súas aventuras.


Vera Quintás de 4º infantil A: O seu libro favorito é o Monstro de cores, pero este é especial porque é da súa cor favorita.


Carlos R. Víctor de 2ºA: Cando vou á biblioteca sempre escollo libros de animais, gústanme moito!!! Gardo na miña cachola onde viven, as súas costumes, que comen etc. Logo cando falo con alguén presumo un pouquiño contando o que aprendín.🤭


Aldara Lorenzo de 4º infantil B co seu libro favorito.

Anxo Míguez de 5ºB xunto coa súa nai Lola e a súa irmá Nati comparten cadanseu libro preferido.


Mía de 5º infantil B: Este é libro é moi especial para Mía xa que é un agasallo dunha persoa moi especial para ela.


Sara Martínez de 3ºB co seu libro.


Dani de 3ºB comparte estes libros.



Ramón Acevedo 5º infantil A co seu libro favorito.


Valeria Pérez de 6º infantil B: Este é o meu libro especial porque foi dos primeiros que me leron antes de ir durmir e gustábame tanto  que acabei memorizándoo e sin saber ler sabíao de m,e,moria.


Elba Fernández de 3ºA: Escollo estes libros de "Asterix" e "Os Pitufos" porque me fan rir.


Nadia Lorenzo de 4ºA co seu libro preferido.


Noelia Verde de 5ºA: Este é o meu libro preferido poque é unha historia moi fermosa e o libro regaloumo o meu irmán.


Matías Barros de 1ºB elexiu o libro "Dinosaurios en 30 segundos",  porque foi un que colleu fai uns meses na biblioteca do cole e como lle gustou tanto, pediunos que llo mercásemos, para podelo ler sempre que queira e aprender moitas cousas dos dinosaurios.

Eu Emma Bouzón, nai de Matías, elexín o libro "Un cuento perfecto", porque me gustou moito, con el rin, chorei.... foi deses libros que non podes parar de ler, pero cando falta pouco para rematar, intentas ler menos para seguir desfrutando. Ademais a súa autora, Elisabet Benavent gústame tanto que estou lendo outro libro seu "Toda la verdad sobre mis mentiras" e merquei outro "El arte de engañar al Karma"


Valentina Chao de 2ºB e o seu irmán comparten o seu libro especial.


 Paula Des de 2ºB comparte o seu libro preferido.


Sofía Vidal de 6ºB: Gústanme os libros de "Harry Potter" e recomendo lelos a nenos e nenas coma min porque describen un mundo de fantasía ademais de ensinar o valor da amizade e a enfrentarse ás adversidades que se presentan ao longo da vida.


Nuno de 1ºC comparte o seu libro preferido.


Malena Quintero de 4ºA: O libro máis especial par min é "CEREZA", porque é o meu conto favorito xa que lin toda a colección.


Paula Iglesias de 2ºB: Os libros "Las Ratitas" son os meus libros especiais, xa estou esperando para poder ler o seguinte.


Sara Iglesias de 5ºB: O meu libro especial é "As historias do Lobo de Area" xa que foi o primeiro libro que lin durante a cuarentena.


Miguel Darío de 6º infantil B comparte con nós os seus libros preferidos.


Adai de 1ºC comparte video co seu libro especial.


Raúl de 1ºB: Este é un libro moi especial para min porque son os debuxos que miraba de cativo e tamén é o primeiro que lin eu so.


Mario de 1ºC: Gústame moito este libro porque aprendo os nomes dos dinosaurios.



Markel Morán de 1ºB: O meu libro favorito é "Peppa va al parque de atracciones" e é o que máis me gusta porque me gustan os parques de atraccións.


Marcos de 1ºC: Eliximos "La estrella de Topo". Decubrimos este libro durante o confinamento un día que estabamos vendo contos en youtube. Gustounos tanto que se convertiu nun dos nosos favoritos e en canto puidemos saír fomos mercalo.


Ana Castro de 6º infantil A comparte o seu libro especial 

A súa nai: O meu libro especial é un clásico "Los pilares de la Tierra" de Ken Follet, un dos meus autores favoritos. Para min foi un dos primeiros libros que realmente me engancharon á lectura, a historia que conta e como a conta para min foi incrible e ademais moi fácil de ler. 


Sabela Figueroa de 1º C comparte o seu libro preferido.


Alicia Sotelino de 6º infantil B comparte un video co seu libro preferido.


Marta de 1ºB escolleu este libro como o seu preferido porque é divertido e interesante.

Mikel de 4ºB escolleu o seu porque foi o primeiro "manga" que leu e encantoulle a historia, pareceulle moi divertido.

E mamá escolleu un dos libros que máis lle fixo chorar, dos seus preferidos, dos que quedan gravados na pel porque nel entras nunha historia que che encolle o corazón.


Sean de 6º infantil A: Este é o meu libro favorito. Gústame moito porque a miña tía Tanya de Irlanda deumo e porque a historia do libro trata sobre min e o meu irmán Jake.

 

Lucas Lorenzo de 6º infantil B escolleu como libro especial: "Fábulas de Esopo como nunca". Encántalle este libro, porque son historias de animaliños. Todas as noites quere que lle lea varias historias do libro ata que adrmece. El encárgase de ler os títulos e eu (a súa nai) das historias.


Noel de 1ºB: Gústame este libro porque ten moitos dragóns e a min gústanme as cousas raras.

Noel de 1º B comparte outro conto agora nun video.

Ana de 6ºB: Quería falarvos de "Amanda Black, una herencia peligrosa" de Juan Gómez-Jurado. Gustoume porque ten un pouco de todo: misterio, segredos, aventuras... Ë un libro moi divertido e o autor escribe moi ben.

Ana de 6ºB: Tamén quería falar de "La ciudad de los fantasmas" de Victoria Schwab. Gustoume porque é moi interesante. Cando empezas a ler a historia, xa non podes parar. Pola ilustración da portada parece que o libro é de medo; pero non é así. 
Nunca xulguedes un libro pola súa portada.

Rosalía de 6ºB infantil comparte o seu conto preferido.


Anabel de 1ºC comparte o seu libro: Mascotas.


Carmen de 1º C comparte o seu libro: "Deseos de Navidad para Carmen"

Iván de 6º infantil B: Encántanme os contos. Todas as noites, a miña nai leme un... pero vou decirvos o meu preferido TOPITO TERREMOTO. Trata dun pequeno topiño moi inquedo incapar de atender, pero con axuda da maga do bosque é capaz de mellorar e sentirse FELIZ.


Noelia Brocos de 4ºA: O meu libro favorito é "La diversión de Martina". Gústame moito porque ten historias divertidas contadas por unha nena e as súas amigas.


Abel Brocos de 2ºB: O meu libro favorito é "Tu Alien", porque me gusta moito o universo e as hitorias de alieníxenas.


Valeria Narciso de 6ºB de infantil escolle os libros 1 e 2 das "Ratitas", onde contan as aventuras de dúas irmáns youtubers, Claudia e Gisele. Á nosa filla encántanlle os vídeos destas irmáns nos que fan manualidades, xogan e fan retos.


 Leo (4ºB infantil) cunha das actividades que máis lle gustan "ler". Ata hai pouco apasionado coa "Paw Patrol" e a súa amada Skype, pediu que lle lésemos contos sobre o tema. Tamén lle encanta facer crebacabezas e pintar aos seus personaxes favoritos. Dende que comezou a escola a a mestra Elena "instruiunos" no mundo mariño (están cun proxecto do mar) encántanlle os libros e as historias de animais especialmente baleas e tiburóns "Lota cachalota". Descubrimos a Julia Donaldson e encántannos os seus libros: "O Gruffalo", "A filla do Grúffalo", "O caracol e a balea" "O home de pau". Libros ben ilustrados, ben contados, que chaman a tención e dan ganas de escoitalos unha e outra vez.


A Adrián, de 6º infantil A, gústalle este libro porque é de aventuras e parte das páxinas son para descubrir e buscar obxectos.


Sofía Pineda de 4ºA: Este libro axudounos moito cando morreu o avó de Sofía. Ensínanos a encher ese baleiro que queda coa perda dun ser querido con momentos felices e alegres e poder recordalo sen facernos dano.


Sergio Dominguez de 3ºA: Encántanme os libros de Harry Potter porque teñen aventura, maxia, fantasía, valentía e máis valentía!


Leire de 5º de infantil comparte o seu libro: "Cuentos de siempre"


Ero de 6º infantil B: O meu libro especial é: "El lobo que descubrió el país de los cuentos". De Orianne Lallemand e Éléonore Thuillier. Editorial Auzou. É especial porque foi o regalo do día do pai, xa que eu son o pai da miña mascota, a miña cadeliña Cocó. 


Diego de 6º de infantil A, comparte o seu libro: ¿Qué ves en las nubes Diego?