mércores, 13 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS 2021

 

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España desde o ano 2016. Con ela búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns lectivo máis cercano á festividade de Teresa de Jesús (15 de outubro), polo que este ano 2021 celébrase o 18 de outubro.

O lema  escollido para esta VI edición foi "Ler as idades da vida" e inspirándonos nel queremos propoñervos o primeiro reto deste curso.

Sen quitarlle importancia a ningunha escritora, no idioma que sexa, dende a Biblioteca Escolar parécenos imprescindible que se visibilice a obra das escritoras galegas. Por iso, o reto que vos lanzamos é que vós e as distintas xeracións da vosa familia (nais, pais, avoas, avós irmáns menores ou maiores,...) nos recomendedes cadanseu libro dalgunha escritora galega de calquera época. Como mínimo deben aparecer tres xeracións diferentes, co fin de representar “As idades da vida”, e tres títulos ou escritoras.

Podedes mandarnos as vosas propostas por escrito ou, preferiblemente, gravar un breve vídeo coas vosas recomendacións.

Coma sempre, recibiremos os vosos envíos no correo da biblio, biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com, indicando no asunto RETO BIBLIOTECA. Non esquezades incluír o voso nome e curso.

Colgaremos no blog da biblioteca as propostas recibidas ata o luns, día 18.

Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario