O Samaín é unha festividade de orixe celta que representaba o final da época de colleitas e o inicio da “estación escura”.
Para
os celtas o “Samhain”
significaba o comezo do seu Ano Novo, pero esa noite de lúa chea tamén se
abrían as portas do outro mundo. As ánimas dos mortos atravesaban a porta que
separa ambos mundos e visitaban as casas das súas familias para quecerse e
tomar algo de alimento.
Os
druídas acendían fogueiras en diferentes puntos do poboado para escorrentar os
malos espíritos e guiar os defuntos no seu camiño. A xente cubríase con peles
de animais para despistar aos fantasmas (de aí o costume de disfrazarse) e collían as caveiras dos inimigos mortos na
batalla para colocalas alumeando nos muros dos castros como forma de espantar
os malos espíritos. Tamén conta a tradición que deixaban comida na porta das
casas para manter contentas as ánimas e os druídas ían na noite de Samhain de
casa en casa pedindo comida para honrar os seus deuses.
Na
actualidade seguimos mantendo dalgunha maneira parte desas tradicións
ancestrais e durante toda esta semana decoraremos os corredores da escola coas
vosas aterradoras cabazas e calacús.
Como
contribución a esta celebración, desde a Biblioteca queremos proporvos tamén
algunhas lecturas terroríficas.
No
panel de exposicións atoparedes libros con historias espantosas, terribles e
arrepiantes coas que poder pasar unha aterradora (ou divertida) noite de
Samaín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario