venres, 27 de xaneiro de 2023

PREMIOS NADAL

Tal e como recollían as bases do noso concurso Un poema de Nadal, esta mañá fixemos entrega dos premios ás gañadoras e gañadores do reto deste ano. Había traballos tan bos que nalgún caso fixeron difícil a elección do xurado, pero finalmente decidiuse outorgarlle os premios a:

  • v Daniela Da Silva de 4ºB de Infantil.
  • v Noelia Suárez de 1ºA de Primaria.
  • v Lucas Fernández de 1ºB de Primaria.
  • v Bryanna Jambo de 3ºB de Primaria.
  • v Paula Gómez de 4ªA de Primaria.
  • v Uxía Granja de 6ºB de Primaria.
  • v Alexia Bouzón de 6ºC de Primaria.

Parabéns!

luns, 23 de xaneiro de 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 Un ano máis, estes días estamos a preparar no cole a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz que se celebra cada 30 de xaneiro dende 1964

Como cada curso, o Equipo de Biblioteca fixo unha selección de libros que consideramos axeitados para tratar eses valores de tolerancia, solidariedade e respecto que tentamos traballar cada día do ano coas nosas nenas e nenos. Está a disposición das aulas e do alumnado no panel de exposicións da biblioteca.

Esperamos que vos gusten!



martes, 17 de xaneiro de 2023

UN POEMA DE NADAL

 Xa podemos ver todas as respostas ao noso reto de Nadal.

Moitas grazas a todos e todas por participar!!!

VER A PANTALLA COMPLETA

A mag created with Madmagz.

mércores, 11 de xaneiro de 2023

CINEFÓRUM NO CLUB DE LECTURA

 Onte e hoxe os membros do Club de Lectura “Compartindo Aventura” tivemos sesión de cinefórum na Biblioteca de Infantil.

Despois de ler o libro Sherlock Holmes: Estudo en escarlata, de Arthur Conan Doyle, quixemos comprobar as similitudes e diferenzas entre a obra escrita e a súa versión cinematográfica.

Tratábase dunha película antiga, pero temos que recoñecer que seguiu moi fielmente a obra do autor e non quedamos decepcionados.

Foi unha boa actividade de remate tras a lectura deste libro, Un libro que, por certo, vos recomendamos a todas e todos. Seguro que vos gusta.

martes, 10 de xaneiro de 2023

CONTOS DE NADAL

Polo Nadal tivemos sesións de contacontos. Nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria contaron contos, nesta ocasión coa temática de Nadal, que fixeron as delicias do alumnado máis novo.

Parabéns a todas e todos polo magnífico traballo!!!