luns, 20 de decembro de 2021

CONCURSO: UNHA HISTORIA DE NADAL (EN BANDA DESEÑADA)

  Ademais de ofrecervos lecturas e material informativo, dende a Biblioteca tamén pretendemos animarvos a expresar artisticamente as vosas ideas. Nesta ocasión queremos propoñervos un novo reto: a creación dun cómic ou banda deseñada no que poder deixar voar a imaxinación cunha historia fantástica, tenra, divertida, terrorífica... ou o que vós queirades, que aconteza neste tempo de Nadal.

Podedes consultar aquí as bases e toda a información.

Haberá premio para os mellores traballos de cada ciclo.

Animádevos a concursar!

domingo, 19 de decembro de 2021

LECTURAS PARA O NADAL

O Nadal é unha época perfecta para gozar dunha boa lectura. Durante as Festas, grandes e cativos poden dispoñer dun tempo de calma para exercitar un hábito que nos enriquece e nos fai medrar como persoas.

Por iso, dende a Biblioteca queremos animarvos a incluír na carta para o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos a petición dun libro como agasallo.

Deixámosvos aquí algunhas suxestións a ter en conta para que as incorporedes entre os vosos desexos.

Bo Nadal e Felices Festas!

venres, 3 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Se vos apetece escoller algunha lectura relacionada con esta época, no panel de suxestións xa tendes unha selección de libros coa temática do Nadal.

Feliz Nadal e felices lecturas!