luns, 15 de marzo de 2021

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 En 1999, a UNESCO proclamou o 21 de marzo como o Día mundial da Poesía.

A poesía é unha manifestación literaria que, cun xeito diferente de expresar e de usar as palabras, consegue comunicar ideas e sentimentos ou contarnos e facernos vivir calquera historia.

Dende a Biblioteca animámosvos a explorar e descubrir a poesía e a gozar coa maxia desas palabras.

luns, 1 de marzo de 2021

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Comezamos o mes de marzo coa vista posta na reivindicación do papel das mulleres ao longo da historia. 
Enmarcado no noso proxecto de centro A Idade Media en Soutomaior, continuamos co traballo comenzado o pasado curso no que estabamos investigando para coñecer o nome e o papel desenvolvido por diferentes mulleres dentro da historia do noso país. Esperamos que este ano si teñamos a oportunidade de rematalo e expoñelo para o seu coñecemento público. 
Pero ademais, se tendes interese en indagar na vida e logros de moitas outras mulleres fudamentais no devir da nosa hitoria, dende hoxe xa tendes á vosa disposición no taboleiro de recomendacións da Biblioteca unha ampla selección de libros moi interesantes.

Animámosvos a vir, ollar e levar.