martes, 30 de abril de 2019

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

O dia 29 de Abril o alumnado de 4º curso recibiu a visita de Hector Cajaraville escritor gañador de varios premios literarios entre os que destacan o "Premio Xerais de novela"ou "Premio Merlín de Literatura Infantil". Veu falar do seu libro "quen da a quenda?"que tivemos o pracer de ler durante este trimestre. Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa labor literaria e sobre os personaxes que aparecen no seu libro.

Puidemos saber, da man do autor, a orixe da intrigante bruxa Divina, así como saber as claves do proceso de creación dun libro. Aínda que pareza incrible, os elementos inspiradores poden ser ás veces do máis inesperados e cotiás...
Contounos ademáis aspectos interesantes da vida de Antón Fraguas, autor conmemorado nas Letras Galegas deste ano, e deunos esperanzas dunha posible segunda parte con máis sorpresas e información de Divina, a nosa bruxa favorita.
Damoslle as grazas a Héctor por transmitirlle aos cativos a súa paixón pola escritura.

domingo, 14 de abril de 2019

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ


O venres 12 recibimos a visita do escritor  Iago López Santos co seu conto "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria xa tiñan lído este divertido libro pero foi un verdadeiro pracer oílo contar da propia voz do escritor. Moitas grazas Iago por facernos pasar unha velada tan maravillosa.


Música do grupo Slainte

mércores, 10 de abril de 2019

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 O alumnado de 2º curso  tivo o pracer de  recibir a visita do escritor e poeta Antonio García Teijeiro gañador do "Premio Merlín de literatura infantil" en 1996 e do "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" no ano 2017. Os nenos e nenas tiñan lido o seu libro "HONORATO O RATO NAMORADO", que trata dun rato maravilloso que pinta as palabras de cores, e amosaron o seu interés facendo preguntas sobre o mesmo. Dámoslle a grazas a Antonio por facernos pasar uns momentos inolvidables.


Por último adicou firmou os libros dos nenos e nenas.

venres, 5 de abril de 2019

VISITA DE MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

O xoves 4 de abril recibimos a visita de MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ autor de MÚSICA NO FAIADO. O autor compartiu co alumnado de 5º de primaria os seus sentimentos ao escribir este delicioso libro no que conxuga música e memoria da nosa historia a través de dous irmáns que se asoman ao seu pasado familiar. 
Os nenos e nenas, que tiñan lido o libro, amosáronse moi interesados e mesmo fixeron distintas exposicións sobre o momento histórico ao que se refire.
 
Ao remate da charla o autor asinou os libros dos nenos e nenas con moito agarimo.


Dámoslle as grazas a Miguel Angel polo seu agarimo e por facer que a lectura sexa unha fonte de pracer e coñecemento.