O xoves 4 de abril recibimos a visita de MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ autor de MÚSICA NO FAIADO. O autor compartiu co alumnado de 5º de primaria os seus sentimentos ao escribir este delicioso libro no que conxuga música e memoria da nosa historia a través de dous irmáns que se asoman ao seu pasado familiar.
Os nenos e nenas, que tiñan lido o libro, amosáronse moi interesados e mesmo fixeron distintas exposicións sobre o momento histórico ao que se refire.
Ao remate da charla o autor asinou os libros dos nenos e nenas con moito agarimo.
Dámoslle as grazas a Miguel Angel polo seu agarimo e por facer que a lectura sexa unha fonte de pracer e coñecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario