O dia 29 de Abril o alumnado de 4º curso recibiu a visita de Hector Cajaraville escritor gañador de varios premios literarios entre os que destacan o "Premio Xerais de novela"ou "Premio Merlín de Literatura Infantil". Veu falar do seu libro "quen da a quenda?"que tivemos o pracer de ler durante este trimestre. Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa labor literaria e sobre os personaxes que aparecen no seu libro.
Puidemos saber, da man do autor, a orixe da intrigante bruxa Divina, así como saber as claves do proceso de creación dun libro. Aínda que pareza incrible, os elementos inspiradores poden ser ás veces do máis inesperados e cotiás...
Contounos ademáis aspectos interesantes da vida de Antón Fraguas, autor conmemorado nas Letras Galegas deste ano, e deunos esperanzas dunha posible segunda parte con máis sorpresas e información de Divina, a nosa bruxa favorita.
Damoslle as grazas a Héctor por transmitirlle aos cativos a súa paixón pola escritura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario