Arrancou o Club de Lectura Compartindo Aventura para o alumnado de 4º e 5º de primaria e de 6º de primaria.
Os de 4º e 5º reúnense quincenalmente cada luns.
Na 1ª sesión compartiron conversa sobre gustos literarios, así como sobre os motivos que os levaban a participar no club. Logo escollemos a lectura coa que queriamos comezar e, xa na casa, decoraron as portadas das súas libretas de notas. Amelia fixo un precioso acróstico sobre o que significa para ela pertencer a un club de lectura.
Este luns celebramos unha 2ª sesión para debater sobre o libro Neko, unha obra sobre un tema moi serio, o maltrato e a violencia contra as mulleres, aínda que con toques de humor e moita tenrura.

.jpg)