venres, 29 de xaneiro de 2021

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 “Os que escriben e se teñen por graciosos, non deixan pasar nunca a ocasión de dicirche que as mulleres deben deixar a pluma e repasar os calcetíns dos seus maridos, se os teñen, e senón, aínda que sexa os dos criados.”

                                 Rosalía de Castro.

Reivindicamos un ano máis a figura da nosa escritora máis representativa. Ela formou parte do grupo de escritores que levaron ao Rexurdimento das nosas letras, loitando contra os estereotipos machistas e os moitos atrancos do camiño.

Estes días tendes á vosa disposición na Biblioteca os seus libros para poder ler, gozar e traballar nas aulas.

xoves, 28 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

 

Estes días estamos a preparar no cole a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

A idea desta celebración xurdiu en 1964 por iniciativa do profesor LLorenç Vidal e en 1981 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu a data do 30 de xaneiro como Día Internacional da Paz.

No Padín Truiteiro tentamos traballar cada día por un ensino tolerante, solidario, respectuoso cos dereitos humanos e a prol da non violencia e a paz.

Aínda que durante as vindeiras tres semanas vémonos na obriga de pechar a biblioteca, non queremos deixar de ofrecer os seus recursos a todo o alumnado e profesorado. Estes días fixemos unha pequena selección de libros que consideramos axeitados para tratar eses valores de tolerancia e paz. Está a disposición das aulas no panel de exposicións da biblioteca e tamén pode servir para darlles algunha idea ás familias que os consideren de interese.

Esperamos que vos gusten!

mércores, 20 de xaneiro de 2021

Entrega de premios “Un Nadal de Conto”

Este luns fíxose entrega dos premios ás gañadoras e gañadores do concurso Un Nadal de Conto.

Ademais, todos os participantes dos diferentes cursos recibiron tamén un pequeno agasallo de agradecemento polo seu esforzo e traballo.

Deixámosvos a continuación a selección dos traballos gañadores.

A mag created with Madmagz.