xoves, 28 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

 

Estes días estamos a preparar no cole a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

A idea desta celebración xurdiu en 1964 por iniciativa do profesor LLorenç Vidal e en 1981 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu a data do 30 de xaneiro como Día Internacional da Paz.

No Padín Truiteiro tentamos traballar cada día por un ensino tolerante, solidario, respectuoso cos dereitos humanos e a prol da non violencia e a paz.

Aínda que durante as vindeiras tres semanas vémonos na obriga de pechar a biblioteca, non queremos deixar de ofrecer os seus recursos a todo o alumnado e profesorado. Estes días fixemos unha pequena selección de libros que consideramos axeitados para tratar eses valores de tolerancia e paz. Está a disposición das aulas no panel de exposicións da biblioteca e tamén pode servir para darlles algunha idea ás familias que os consideren de interese.

Esperamos que vos gusten!

Ningún comentario:

Publicar un comentario