venres, 18 de febreiro de 2022

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET

Na Biblioteca asistimos @s alumn@s de 6º a unha charla da Garda civil sobre os perigos de Internet sobre todo para @s nen@s.

Aprendemos a ter moito coidado cando entramos en páxinas nas que  compartimos fotos ou parte da nosa vida.
Debemos utilzar as novas tecnolóxías con moito coidado e procurar non estar moito tempo xogando na rede.

Aprendemos moitas cousas importantes para a nosa vida.

ENTROIDO 2022

VOLVE A FADA DE NEGUEIRÓS POLO ENTROIDO COS SEUS MANDADOS

venres, 11 de febreiro de 2022

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe os alumn@s de 6º acudimos a unha charla moi interesante na Biblioteca do noso Centro.

Para conmemorar o Día Internacional da muller e da nena  na Ciencia, a Dra. en Biolóxía Paula Rodiño agasallóunos cunha charla  sobre a Misión biolóxica de Galicia así como  a investigación que se realiza para coñecer o segredo das nosas plantas.

Tamén nos explicou a importancia de conservar e  mellorar o medio ambiente e, como non, a importancia das mulleres científicas no mundo.

Foi unha xornada moi interesante!