martes, 28 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ 2020

"Xa tendes na Biblioteca unha exposición coas suxerencias de Akira de cara ao Día da Paz. Pasádevos a ollalas."

martes, 14 de xaneiro de 2020

A sección Infantil xa conta con novo mobiliario.

A sección Infantil da Biblioteca escolar loce xa un novo aspecto.
A axuda económica recibida grazas á inclusión do noso centro no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) permitiunos ampliar e renovar o mobiliario da sección infantil.
Os novos andeis servirán para dar cabida a un maior número de fondos facilitando a súa organización e mellorando notablemente o espazo bibliotecario.