O alumnado de 2º curso tivo o pracer de recibir a visita do escritor e poetaAntonio García Teijeiro gañador do "Premio Merlín de literatura infantil" en 1996 e do "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" no ano 2017. Os nenos e nenas tiñan lido o seu libro "HONORATO O RATO NAMORADO", que trata dun rato maravilloso que pinta as palabras de cores, e amosaron o seu interés facendo preguntas sobre o mesmo. Dámoslle a grazas a Antonio por facernos pasar uns momentos inolvidables.
Por último adicoue firmou os libros dos nenos e nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario