Dado que a Biblioteca é un
pouquiño de todas e todos, tamén tendes dereito a
facer unha avaliación do seu funcionamento. Para iso pedímosvos que cubrades a
enquisa que vos deixamos abaixo respondendo con sinceridade a todas as
cuestións.
A intención da mesma é que
nos fagades saber aquelas cousas que vos parece que están funcionando ben e
aqueles outros aspectos nos que pensades que podemos mellorar.
As vosas suxestións serán
tidas en conta para que, de cara ao próximo curso, a Biblioteca poida adaptarse
e dar mellor resposta a todas as vosas necesidades.
Premede na imaxe, marcade
en cada apartado a opción que consideredes máis axeitada e dádelle a enviar. Tendes de prazo ata o venres, día 28 de maio.
Moitas
grazas pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario