Achegámonos ao 23 de
abril, Día do Libro, unha data para fomentar e descubrir o pracer pola lectura
e valorar o aporte cultural e o legado das escritoras e escritores tanto do
pasado coma do presente.
Desde a Biblioteca queremos
render unha pequena homenaxe aos libros
e ás autoras e autores e para iso precisamos das vosas aportacións.
Como facelo?
Pois escollendo un libro que
sexa especial nas vosas vidas por algún motivo: por ser o que máis vos gusta,
porque foi o primeiro que mercastes, porque foi un agasallo de alguén moi
querido, ...
Como presentalo?
OPCIÓN 1:
Podedes gravar un pequeno vídeo no que nos ensinedes o libro
escollido e nos contedes por que é tan especial para vós.
OPCIÓN 2:
Enviando unha foto na que saiades co libro elixido e
comentándonos a razón pola que o escollestes.
A actividade está aberta a
toda a comunidade escolar e encantaríanos que participara calquera membro da
familia: mamá, papá, a avoa ou o avó, algunha irmá maior...
Animádevos e enviádenos as
vosas respostas ao correo da biblio biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com.
Non esquezades incluír o voso nome e curso. Iremos colgando no blog da
biblioteca as propostas recibidas.
Esperamos impacientes as vosas achegas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario