martes, 3 de decembro de 2019

CONTACONTOS ESPECIAIS

As nenas e nenos de Infantil gozaron hoxe dunha especial sesión de contacontos levada a cabo polo alumnado de 6º curso.
A maxia das historias e a estupenda interpretación das e dos contadores fixeron as delicias dos máis cativos, que agradeceron con fortes aplausos o traballo realizado por estes artistas de 6º.
Esta é unha actividade que xa se ven desenvolvendo dende hai anos e que sempre se avalía de xeito moi positivo tanto polo público ao que vai dirixida como polo alumnado encargado das contadas. A interacción cos máis cativos e o exemplo que supón para eles o traballo dos maiores do cole é sumamente gratificante e motivador.
Parabéns a estas e estes fenomenais contadores de historias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario