martes, 21 de abril de 2020

23 de abril, Día do Libro


Tomar un libro nas nosas mans sempre é unha agradable maneira de pasar o tempo. Con el podemos esquecer os nosos problemas por un tempo, soñar, evadirnos, vivir novas aventuras, aprender, emocionarnos...
Este ano celebramos o Día do libro nunhas circunstancias moi especiais, pero seguro que, precisamente por iso, os libros foron nestes días uns dos nosos mellores amigos.
Por iso, dende a Biblioteca queremos proporvos hoxe unha serie de retos cos que podedes conmemorar esta data. Aí van:

RETO 1: Crear unha breve historia a partir dos títulos dalgúns libros que teñades pola casa.
Deixade voar a vosa imaxinación e poderedes crear calquera historia. A temática é totalmente libre.



RETO 2: Lendo en familia.
Envíanos unha foto destes días na que ti ou a túa familia aparezades lendo. Pode ser un libro, o periódico, unha revista ... o que queirades.

Animádevos a participar e enviádenos os vosos retos ao correo da biblioteca: 
biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com

indicando no asunto RETO BIBLIOTECA. Non esquezades incluír o voso nome e curso. Iremos colgando no blog da biblioteca as propostas recibidas.
Esperamos impacientes as vosas achegas.

Feliz Día do Libro!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario