xoves, 9 de abril de 2020

SEMANA DA DIVERSIDADE

Do 9 ao 13 de marzo estaban previstas toda unha serie de actividades para celebrar a Semana da Diversidade sexual e Familiar.
Dende a biblioteca expuxéronse unha selección de libros encamiñados a traballar co alumnado a temática da diversidade sexual, os diferentes tipos de familia e, ante todo, o respecto polas diferenzas.
Dende os máis cativos de Infantil ata os maiores usaron estes libros na aula ou pasaron pola Biblioteca acompañados das súas titoras e titores para coñecer algunhas das historias e reflexionar xuntos sobre elas.
Leváronse a cabo sesións de contacontos tanto no espazo infantil como na Biblioteca central.

Ademais, nas aulas realizáronse diversas actividades formativas e de creatividade. A intención era pór unha pequena semente no noso alumnado co fin de formar uns futuros adultos máis tolerantes e empáticos.

O venres, 13, estaba previsto montar un mural no patio cos traballos realizados nas aulas ao longo de toda a semana. O anuncio da suspensión das clases impediu que se rematara, pero á volta tentaremos retomar o tema e ensinarvos aquí o chulo que quedou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario