Como cada ano, o Salón do Libro de Pontevedra abría as súas portas para
una nova edición que levaba por título “O Humor”, a celebrar do 6 ao 27 de
marzo. Porén, o día 12 víase na obriga de cancelar toda a súa programación sen
posibilidade de reapertura no presente ano.
Dende ese momento, a organización traballou na maneira de adaptarse ás
circunstancias e facernos chegar unha boa parte do seu programa. A través da
web poderedes acceder a un montón de recursos e propostas coas que entreterse
nestes días de obrigado confinamento: vídeos con obradoiros, contacontos,
visitas virtuais...
Deixámosvos aquí algunhas mostras do que nos ofreceu ese Salón do Libro
virtual neste ano 2020. Animádevos a buscar outras!
Torradas divertidas.
O León, por Pavís Pavós
Celebramos a primavera.
Creando o noso buscacacas.
As nubes desde o Salón
Malabares na casa
Ningún comentario:
Publicar un comentario