Hoxe, e grazas ao programa de Lectura e Familias, nais, pais e
cativada de Infantil e 1º de Primaria gozaron dunha tarde moi especial na nosa
biblioteca.
Tivemos a sorte de poder contar coa presenza e a magnífica voz
de Charo Pita, que fixo as delicias
de todas e todos cos seus contos e os seus cantos.
Debido á gran demanda das familias, e para poder acoller a
todas as participantes interesadas na actividade, tivemos que organizar dous
pases.
Nunhas sesións, que se fixeron moi curtas, ofreceunos un
obradoiro de lectura, Abrazar coas palabras, cheo de
emocións e complicidade. Nais, pais, nenas e nenos falaron, riron, xogaron... e
levaron para as súas casas e nos seus corazóns algo impagable, a ledicia de
compartir momentos únicos e irrepetibles.