venres, 31 de xaneiro de 2025

ENTREGA DE PREMIOS

Esta mañá fixemos entrega dos premios aos mellores retos de Nadal.

As agraciadas foron as seguintes alumnas e alumnos.

Na categoría de poesía:

  • Teo Acuña, de 6ºB de infantil.
  • Amelia Luchón, de 2ºB de primaria.
  • Isak El Ouahidi, de 3ºA de primaria.
  • Salomé Zoe Luchón, de 4ºB de primaria.
  • Ía García, de 5ºA de primaria.
  • Paula Gómez, de 6ºA de primaria

No apartado de banda deseñada:

  • Daniela da Silva, de 6ºB de infantil.
  • Xandre Reinaldo, de 1ºB de primaria.
  • Aixa Couceiro, de 2ºA de primaria.
  • Noelia Suárez, de 3ºA de primaria.
  • Yago Varela, de 6ºA de primaria.

Parabéns aos afortunados e moitas grazas a todas e todos os que vos animastes a participar na iniciativa!

luns, 27 de xaneiro de 2025

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Próximos ao 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, Cora empezou a seleccionar algúns libros para conmemorar esta data que pretende pór en valor cuestións tan importantes como a amizade, a tolerancia, o respecto ou a solidariedade.

Téndelos á vosa disposición no panel de exposicións da biblioteca.

venres, 24 de xaneiro de 2025

SCAPE BOOK NO CLUB DE LECTURA

Despois de ler un clásico da nosa literatura como xa o é O misterio das badaladas, de Xabier P. Docampo, este venres os membros do club de lectura de 6º participaron nun scape book na biblioteca central.

Seguindo todas as pistas, conseguiron resolver os enigmas propostos e chegar á solución final, pero acadar a esperada recompensa custoulles un chisco máis.

Finalmente lograron atopar o código secreto que abría o cofre do tesouro e gozar do seu merecido premio.

Espero que o pasarades moi ben co xogo!

mércores, 15 de xaneiro de 2025

NOVAS BOLSAS VIAXEIRAS

As novas bolsas viaxeiras de Cora están chegando xa ás casas de infantil e primaria.

Van cheas de ilusión e esperamos que vos gusten e as gocedes en familia.

Coma sempre, agardamos que nos axudedes a valoralas e melloralas cubrindo o caderno viaxeiro coas vosas impresións, suxestións, críticas, debuxos, fotos,...

UNHA HEROÍNA NO NADAL

  Aquí están os traballos participantes no noso reto de Nadal.

Opción 1: Poema

Opción 2: Banda deseñada.