luns, 23 de febreiro de 2026
CIENCIA NA BIBLIO
xoves, 12 de febreiro de 2026
DÍA MUNDIAL DA RADIO
O 13 de febreiro celebramos o Día
Mundial da Radio para pór en valor a importancia da radio como medio de
comunicación, educación e unión entre pobos e culturas.
A data foi elixida para
conmemorar o nacemento da Radio das Nacións Unidas en 1946, recoñecendo o seu
papel na difusión de información, o entretemento e a educación a nivel mundial,
así como a súa contribución á paz e o entendemento entre as nacións.
O portal Escolas nas Ondas emite
este venres diversos traballos escolares para festexar esta data.
Deixámosvos aquí o enlace, clicando na imaxe, por se resulta do voso interese.
mércores, 11 de febreiro de 2026
UN CONTO EN ITALIANO
Menuda sorpresa recibiron esta
mañá Carmen e as súas compañeiras e compañeiros de 5º de infantil!
Na biblioteca estaban María, a mamá de
Carmen, e Julia, a súa irmá maior, dispostas a contarlles un conto... en
italiano!
Preparadas con varios monicreques
representativos das personaxes, ambas fixeron as delicias da cativada coa historia
de A
Eiruguiña comellona ou Il piccolissimo Bruco Maisazio.
Moitísimas grazas ás dúas por axudarnos a viaxar polo mundo tamén a través dos contos.
martes, 10 de febreiro de 2026
luns, 9 de febreiro de 2026
venres, 6 de febreiro de 2026
OS MANDADOS DO ENTROIDO 2026
O vindeiro luns comeza a semana do entroido na escola e con ela as ordes do noso meco particular para cada día da semana.
Recoñecédela?
martes, 3 de febreiro de 2026
MES DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Anticipándonos
á data, hoxe recibimos na biblioteca a visita de Paula Rodiño e Silvia Amoedo, mamás
do noso cole e traballadoras no ámbito científico. Viñeron para falar co
alumnado de 1º ciclo sobre virus e bacterias, a súa función, propagación e
maneiras de evitar as máis prexudiciais para a saúde.
Despois da
conversa e dunha pequena presentación, finalmente as nenas e nenos realizaron
unha actividade práctica para recoller mostras coas que observar o crecemento
ou non das bacterias ao cabo do tempo.
En breve
volverán visitarnos para poder comprobar co alumnado os resultados obtidos.
A
rapazada aprendeu e pasouno moi ben e, dende a biblioteca, queremos agradecerlles
a Silvia e a Paula a súa desinteresada colaboración.
ACHÉGASE O ENTROIDO!
Poderedes
atopar contos, narracións, manualidades ou algúns libros cos que aprender máis
sobre as distintas variedades desta tradición tan nosa.
Esperamos
que vos gusten!













