mércores, 11 de febreiro de 2026

UN CONTO EN ITALIANO

Menuda sorpresa recibiron esta mañá Carmen e as súas compañeiras e compañeiros de 5º de infantil!

Na biblioteca estaban , a mamá de Carmen, e Julia, a súa irmá maior, dispostas a contarlles un conto... en italiano!

Preparadas con varios monicreques representativos das personaxes, ambas fixeron as delicias da cativada coa historia de A Eiruguiña comellona ou Il piccolissimo Bruco Maisazio.

Moitísimas grazas ás dúas por axudarnos a viaxar polo mundo tamén a través dos contos.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario