Este venres, 27 de marzo,
conmemoramos o Día Mundial do Teatro cunha actividade moi especial.
O alumnado de 1º, 2º e 3º tivo o
pracer de asistir á representación teatral de Tespis e o seu carro,
unha obra orixinal escrita e dirixida por Andrea Castro, directora da Escola
Municipal de Teatro de Soutomaior.
A rapazada asistiu moi atenta ao
espectáculo, onde nos falaron do nacemento do teatro e a historia das súas
orixes a través dunhas peculiares personaxes que representaban a Comedia, a
Traxedia, a Música e o Mimo.
Ao rematar a historia, pasárono
xenial cantando e acompañando as compoñentes do grupo teatral.
Moitísimas grazas a Rocío, Suso,
Melchor, Marcos e, por suposto, a Andrea por acoller tan positivamente a nosa
proposta e ofrecernos un espectáculo tan divertido e marabilloso.
Estamos desexosas de volver contar con vós en vindeiras ocasións.




