sábado, 21 de decembro de 2019

CARTAS A PEDRO MADRUGA

“Este Nadal as servas e servos de Don Pedro fixéronlle entrega das súas humildes peticións na biblioteca do Castelo.”

Como parte do noso proxecto de centro, o alumnado, dende E. Infantil ata 6º de Primaria, traballou as características dunha carta coas súas estruturas de redacción e o vocabulario preciso para unha misiva formal.

O produto final consistiu na entrega da mesma a Don Pedro Madruga nas dependencias da Biblioteca.
 
A actividade resultou todo un éxito!

mércores, 18 de decembro de 2019

BOLETÍN DECEMBRO 2019

PREME NA IMAXE PARA VER O DOCUMENTO COMPLETO

INVESTIGAMOS NA BIBLIOTECA

A busca de información para o noso Proxecto de Centro sobre A Idade Media en Soutomaior empeza a dar os seus froitos.
Durante toda esta semana, do 16 ao 18 de decembro, o alumnado de 6º fixo un excelente traballo presentando os resultados das súas investigacións ás compañeiras e compañeiros dos cursos máis baixos.

xoves, 5 de decembro de 2019

NOVA SECCIÓN

Abrimos unha nova sección na biblioteca: LIBROS EN FRANCÉS.
Son uns clásicos da editorial OQO dos que tamén dispoñemos de exemplares en galego.

martes, 3 de decembro de 2019

CONTACONTOS ESPECIAIS

As nenas e nenos de Infantil gozaron hoxe dunha especial sesión de contacontos levada a cabo polo alumnado de 6º curso.
A maxia das historias e a estupenda interpretación das e dos contadores fixeron as delicias dos máis cativos, que agradeceron con fortes aplausos o traballo realizado por estes artistas de 6º.
Esta é unha actividade que xa se ven desenvolvendo dende hai anos e que sempre se avalía de xeito moi positivo tanto polo público ao que vai dirixida como polo alumnado encargado das contadas. A interacción cos máis cativos e o exemplo que supón para eles o traballo dos maiores do cole é sumamente gratificante e motivador.
Parabéns a estas e estes fenomenais contadores de historias!

venres, 1 de novembro de 2019

VIAXE Á IDADE MEDIA - CAMBIOS NA BIBLIOTECA

Os libros de consulta para o proxecto cambian de sitio na biblioteca.
Deixan o lugar das suxerencias...
 para ocupar uns estantes situados na entrada á esquerda.
No seu lugar como estamos no 
SAMAÍ.
LIBROS DE MEDO!!!

mércores, 2 de outubro de 2019

O "CEIP PADIN TRUITEIRO" INTEGRADO DENTRO DO PLAMBE

 Vista a memoria de actividades da biblioteca do noso centro durante o curso 2018/19 e as liñas de actuación presentadas para o curso 2019/20, a Consellería de Educación concedeunos o “Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos”. Para nós foi todo un reto poñer en funcionamento a biblioteca e esperamos que día a día ,a través das actividades organizadas ,sexa un estímulo para a concienciación e sensibilización cultural e social do noso alumnado.

venres, 28 de xuño de 2019

RENOVACIÓN DA BIBLIOTECA

A NOSA NOVA BIBLIOTECA
A transformación do noso centro escolar nun CEIP trouxo consigo a necesidade de efectuar múltiples reformas de mellora e tamén nos permitiu contar con novos e mellores espazos.
Deste xeito tivemos oportunidade de iniciar un fermoso proxecto de mellora da Biblioteca Escolar que implicou tanto cambios de localización como a ampliación do espazo.

A antiga biblioteca estaba localizada nunha aula demasiado pequena, o que imposibilitaba ou dificultaba moito a creación de espazos diferenciados e definidos.
Imaxes da antiga biblioteca na que se poden apreciar a falta de espazo e andeis acristalados.
Tomamos a decisión de trasladar a Biblioteca á antiga aula de plástica e puxémonos mans á obra.
Traslado dos materiais.
Este era un lugar moito máis amplo e nunha zona exterior de fácil acceso tanto para o alumnado como para as familias e resto da comunidade educativa.
Transformación da porta de entrada.

Tras diversas obras de acondicionamento, que incluíron a creación dun aseo e a habilitación dunha zona de almacén, comezamos coa definición dos novos espazos.
A nosa mascota situada na entrada entre a zona de almacén e o baño.

Logramos crear espazos diferenciados e eliminar “barreiras” que dificultaban o acceso do alumnado á información, como eran os andeis acristalados.
Ademais de definir unha sección de busca informativa e demarcar as seccións de literatura por grupos de idade, creouse unha zona de lectura, un espazo de conexión á rede e un lugar para os xogos de mesa.


Novos espazos na Biblioteca central.

Elaboráronse letreiros indicadores das distintas zonas, instalouse unha cortiza de anuncios e un andel expositor.




Na antiga biblioteca creouse unha zona específica e acolledora para o alumnado máis cativo: a sección infantil.




Exemplos de como se foron transformando espazos e mobiliario.


Instaláronse tapices de goma eva no chan, pintáronse de cores algunhas mesas e cadeiras e decoráronse as paredes. Dispúxose unha sección informática con varios ordenadores e acceso á rede e colocáronse diversos andeis expositores e caixóns que permiten o acceso aos libros por parte do alumnado.
Hoxe contamos cunha Biblioteca viva, acolledora e atraente para o alumnado e aberta a toda a comunidade educativa. 





Durante o curso tamén funcionan as Bibliotecas de Aula, pero os seus fondos están rexistrados e xestionados dende a Biblioteca de Centro e renóvanse varias veces ao longo do curso.
Exemplo de biblioteca de aula

xoves, 13 de xuño de 2019

PROXECTOS

PROXECTO DE MELLORA PARA A BIBLIOTECA

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

venres, 10 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019 ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS


O día das Letras Galegas
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro. (Seminario Galán)
O escritor homenaxeado este ano é ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS. 
Pinchando na imaxe accederás á súa biografía.

martes, 30 de abril de 2019

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

O dia 29 de Abril o alumnado de 4º curso recibiu a visita de Hector Cajaraville escritor gañador de varios premios literarios entre os que destacan o "Premio Xerais de novela"ou "Premio Merlín de Literatura Infantil". Veu falar do seu libro "quen da a quenda?"que tivemos o pracer de ler durante este trimestre. Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa labor literaria e sobre os personaxes que aparecen no seu libro.

Puidemos saber, da man do autor, a orixe da intrigante bruxa Divina, así como saber as claves do proceso de creación dun libro. Aínda que pareza incrible, os elementos inspiradores poden ser ás veces do máis inesperados e cotiás...
Contounos ademáis aspectos interesantes da vida de Antón Fraguas, autor conmemorado nas Letras Galegas deste ano, e deunos esperanzas dunha posible segunda parte con máis sorpresas e información de Divina, a nosa bruxa favorita.
Damoslle as grazas a Héctor por transmitirlle aos cativos a súa paixón pola escritura.

mércores, 10 de abril de 2019

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 O alumnado de 2º curso  tivo o pracer de  recibir a visita do escritor e poeta Antonio García Teijeiro gañador do "Premio Merlín de literatura infantil" en 1996 e do "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" no ano 2017. Os nenos e nenas tiñan lido o seu libro "HONORATO O RATO NAMORADO", que trata dun rato maravilloso que pinta as palabras de cores, e amosaron o seu interés facendo preguntas sobre o mesmo. Dámoslle a grazas a Antonio por facernos pasar uns momentos inolvidables.

Por último adicou firmou os libros dos nenos e nenas.

venres, 5 de abril de 2019

VISITA DE MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

O xoves 4 de abril recibimos a visita de MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ autor de MÚSICA NO FAIADO. O autor compartiu co alumnado de 5º de primaria os seus sentimentos ao escribir este delicioso libro no que conxuga música e memoria da nosa historia a través de dous irmáns que se asoman ao seu pasado familiar. 
Os nenos e nenas, que tiñan lido o libro, amosáronse moi interesados e mesmo fixeron distintas exposicións sobre o momento histórico ao que se refire.
 
Ao remate da charla o autor asinou os libros dos nenos e nenas con moito agarimo.


Dámoslle as grazas a Miguel Angel polo seu agarimo e por facer que a lectura sexa unha fonte de pracer e coñecemento.

martes, 26 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano celebramos o día de ROSALÍA con flores, todo o alumnado fixo unha flor cunha poesía da autora.
EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA
3º.4º.5º E 6º DE PRIMARIA
 Logo intercambiamos as flores entre os diferentes cursos e todos e todas levamos unha para casa.