venres, 28 de outubro de 2022
mércores, 26 de outubro de 2022
martes, 25 de outubro de 2022
UNHA MAÑÁ ESPECIAL!
Como nos atopamos preto do Samaín, hoxe trouxéronnos unha proposta de actividade plástica coa que o alumnado de 1º e 2º de primaria puido desenvolver a súa imaxinación e creatividade.
ACHÉGASE O SAMAÍN!
Entramos na semana do Samaín e, coma cada ano, no panel de exposicións da biblioteca espéravos unha boa selección de libros cos que morrer de medo.
Animádevos a entrar e a
buscar o que mellor se adapte aos vosos gustos!
luns, 24 de outubro de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS, DE TODAS AS BIBLIOTECAS
“Los
libros han sido perseguidos por toda clase de Estados y por toda clase de
religiones, pero esto no significa nada en comparación con lo que han sido
amados.(...) Y pese a quien pese, las bibliotecas inundan el mundo y las vemos
hasta en las calles y al aire libre de los jardines de las ciudades.”
Federico
García Lorca
O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas en recordo da destrución da Biblioteca de
Saraxevo incendiada en 1992, durante a Guerra dos Balcáns.
Para conmemorar esta data, na Biblioteca do Padín Truiteiro quixemos rememorar o formidable discurso pronunciado por García Lorca na inauguración da Biblioteca da súa vila natal de Fuente Vaqueros.
Deixámosvos a continuación un vídeo gravado polo alumnado de 5º de Primaria con algún dos seus fragmentos máis significativos.
![]() |
PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO |
Ademais, as nosas
axudantes de Biblioteca de 6º curso deseñaron un fermoso cartel conmemorativo
que durante estes días nos dará a benvida á Biblioteca do Padín Truiteiro.
mércores, 19 de outubro de 2022
17 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS
Coma cada ano dende o 2016, o luns máis achegado ao 15 de outubro celebramos en todas as bibliotecas o Día das Escritoras. A idea desta conmemoración xurdiu para reivindicar o labor e o legado das mulleres escritoras ao longo da historia.
Nesta sétima edición, na nosa biblioteca quixemos darlle especial visibilidade ás nosas escritoras, ás autoras galegas. Mulleres como Paula Carballeira, Fina Casalderrey, Ledicia Costas, Ánxela Loureiro, Teresa González Costa, Andrea Maceiras, An Alfaya, Uxía Casal, Eva Mejuto, Antía Yáñez, Rosa Aneiros, Concha Blanco, Gloria Sánchez, María Canosa... e tantas e tantas outras que nos ofrecen as súas obras para goce de todas e todos nós.
Tendes os libros á vosa disposición no panel de suxestións.
luns, 17 de outubro de 2022
ESTAMOS DE VOLTA!
Despois
de varias semanas de reorganización dos espazos, colocación de novo mobiliario
e mellora da sinalización e da cartelería hoxe, por fin, a nosa Biblioteca
abriu de novo as súas portas.
Esta mañá tivemos unha
gran afluencia de alumnado. Todas e todos estaban desexando que a biblioteca
volvera ao seu horario normal en tempo de recreo.
Pero lembrade que tamén
estaremos abertos os luns, mércores, xoves e venres de 4 a 6 da tarde.
Esperámosvos!