Esta mañá
estiveron con nós Mª Carmen e Gabriela, dúas mamás do noso colexio que se
prestaron a colaborar coa biblioteca escolar.
Como nos atopamos preto do Samaín, hoxe trouxéronnos unha proposta de actividade plástica coa que o alumnado de 1º e 2º de primaria puido desenvolver a súa imaxinación e creatividade.
As
nenas e nenos pasárono xenial e dende o Equipo de Biblioteca queremos
expresarlles o noso sincero agradecemento pola súa boa disposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario