xoves, 27 de febreiro de 2025
mércores, 26 de febreiro de 2025
martes, 25 de febreiro de 2025
luns, 24 de febreiro de 2025
venres, 21 de febreiro de 2025
martes, 18 de febreiro de 2025
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
"Cantar t´ei Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos mares,
Alivio das penas"
Rosalía de Castro
Esta mañá Cora puxo á vosa disposición no taboleiro de suxestións da Biblioteca as obras de e sobre Rosalía para poder ler, reflexionar, aprender e traballar nas aulas.
venres, 14 de febreiro de 2025
UNHA SESIÓN DE ASTRONOMÍA
Para rematar esta semana da Muller e a Nena na Ciencia, hoxe o alumnado de 5º e 6º de infantil recibiu a visita de Loli, a nai de Aritz, que veu contarnos un montón de cousas sobre astronomía.
Loli é membro da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, unha organización sen ánimo de lucro que, dende 1999, pretende divulgar o coñecemento da astronomía entre a poboación de calquera idade.
Esta mañá Loli falounos das mulleres astrónomas e, dun xeito moi visual e atractivo, atrapou o interese das cativas e cativos, que non deixaron de facerlle preguntas do máis interesante.
Ao remate da sesión, deixounos de agasallo un par de libros para a biblioteca escritos, como non podía ser doutro xeito, por dúas mulleres: El Universo, de Nanda Rea, e Canto Cosmos, de Estíbaliz Espinosa.
Seguiremos
contando contigo. Mil grazas, Loli!
mércores, 12 de febreiro de 2025
MULLERES ARQUITECTAS
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dende a biblioteca convidamos algunhas nais do noso alumnado a participar na promoción da actividade científica como profesión de futuro tamén para as mulleres.
Esta mañá estivo con nós María, a nai de Alicia, Manu e Raúl, para realizar un obradoiro de construción co alumnado de 1º de primaria. Ela é arquitecta técnica e ensinounos distintos aspectos do seu oficio e a súa importancia, sen esquecer o valor do traballo e a necesidade de obter un salario ao remate do mesmo.
As nenas e nenos de 1º fixérono tan ben que recibiron o seu soldo en forma de chocolatina.
Moitas
grazas pola túa colaboración, María!