mércores, 12 de febreiro de 2025

MULLERES ARQUITECTAS

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dende a biblioteca convidamos algunhas nais do noso alumnado a participar na promoción da actividade científica como profesión de futuro tamén para as mulleres.

Esta mañá estivo con nós María, a nai de Alicia, Manu e Raúl, para realizar un obradoiro de construción co alumnado de 1º de primaria. Ela é arquitecta técnica e ensinounos distintos aspectos do seu oficio e a súa importancia, sen esquecer o valor do traballo e a necesidade de obter un salario ao remate do mesmo.

As nenas e nenos de 1º fixérono tan ben que recibiron o seu soldo en forma de chocolatina.

Moitas grazas pola túa colaboración, María!

Ningún comentario:

Publicar un comentario