venres, 14 de febreiro de 2025

UNHA SESIÓN DE ASTRONOMÍA

Para rematar esta semana da Muller e a Nena na Ciencia, hoxe o alumnado de 5º e 6º de infantil recibiu a visita de Loli, a nai de Aritz, que veu contarnos un montón de cousas sobre astronomía.

Loli é membro da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, unha organización sen ánimo de lucro que, dende 1999, pretende divulgar o coñecemento da astronomía entre a poboación de calquera idade.

Esta mañá Loli falounos das mulleres astrónomas e, dun xeito moi visual e atractivo, atrapou o interese das cativas e cativos, que non deixaron de facerlle preguntas do máis interesante.

Ao remate da sesión, deixounos de agasallo un par de libros para a biblioteca escritos, como non podía ser doutro xeito, por dúas mulleres: El Universo, de Nanda Rea, e Canto Cosmos, de Estíbaliz Espinosa.

Seguiremos contando contigo. Mil grazas, Loli!

Ningún comentario:

Publicar un comentario