martes, 11 de febreiro de 2025
venres, 31 de xaneiro de 2025
ENTREGA DE PREMIOS
Esta mañá fixemos entrega
dos premios aos mellores retos de Nadal.
As agraciadas foron as
seguintes alumnas e alumnos.
Na categoría de poesía:
- Teo Acuña, de 6ºB de infantil.
- Amelia Luchón, de 2ºB de primaria.
- Isak El Ouahidi, de 3ºA de primaria.
- Salomé Zoe Luchón, de 4ºB de primaria.
- Ía García, de 5ºA de primaria.
- Paula Gómez, de 6ºA de primaria
No apartado de banda
deseñada:
- Daniela da Silva, de 6ºB de infantil.
- Xandre Reinaldo, de 1ºB de primaria.
- Aixa Couceiro, de 2ºA de primaria.
- Noelia Suárez, de 3ºA de primaria.
- Yago Varela, de 6ºA de primaria.
Parabéns aos afortunados e
moitas grazas a todas e todos os que vos animastes a participar na iniciativa!
luns, 27 de xaneiro de 2025
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Próximos ao 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, Cora empezou a seleccionar algúns libros para conmemorar esta data que pretende pór en valor cuestións tan importantes como a amizade, a tolerancia, o respecto ou a solidariedade.
Téndelos á vosa disposición no panel de exposicións da biblioteca.
venres, 24 de xaneiro de 2025
SCAPE BOOK NO CLUB DE LECTURA
Despois de ler un clásico da nosa literatura como xa o é O misterio das badaladas, de Xabier P. Docampo, este venres os membros do club de lectura de 6º participaron nun scape book na biblioteca central.
Seguindo todas as pistas, conseguiron resolver os enigmas propostos e chegar á solución final, pero acadar a esperada recompensa custoulles un chisco máis.
Finalmente lograron atopar o código secreto que abría o cofre do tesouro e gozar do seu merecido premio.
Espero que o pasarades moi ben co xogo!
mércores, 15 de xaneiro de 2025
NOVAS BOLSAS VIAXEIRAS
As novas bolsas viaxeiras de Cora están chegando xa ás casas de infantil e primaria.
Van cheas de ilusión e esperamos que vos gusten e as gocedes en familia.
Coma sempre, agardamos que nos axudedes a valoralas e melloralas cubrindo o caderno viaxeiro coas vosas impresións, suxestións, críticas, debuxos, fotos,...
UNHA HEROÍNA NO NADAL
Aquí están os traballos participantes no noso reto de Nadal.
Opción 1: Poema
Opción 2: Banda deseñada.
luns, 23 de decembro de 2024
CONTAMOS CONTOS NO NADAL
O mércores e o xoves tivemos sesións de contacontos. Nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria contaron contos, algúns creados polo propio alumnado, que fixeron as delicias dos nenos e nenas de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria.
Parabéns a todas e todos polo magnífico traballo!!!
mércores, 18 de decembro de 2024
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Esta mañá Saray, Ero e Nerea foron as madriñas e padriño lector do alumnado de Infantil. Achegáronse a contarlles Cocorico e os peques pasárono fenomenal.
Moitas
grazas! Fixéstelo de marabilla!
LECTURAS PARA O NADAL
Dende a Biblioteca queremos animarvos a incluír na carta para o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos a petición dun libro como agasallo.
Deixámosvos aquí algunhas suxestións a ter en conta para que as incorporedes entre os vosos desexos.
luns, 16 de decembro de 2024
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Fixérono xenial e xa estamos desexando que volvan
outro día.
Parabéns e moitas grazas aos dous!
sábado, 14 de decembro de 2024
luns, 9 de decembro de 2024
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Cora estavos esperando xa coas súas recomendacións de Nadal para estes días.
Pasádevos pola biblio!!!
martes, 3 de decembro de 2024
TODAS E TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS
Hoxe,
martes 3 de decembro, conmemórase o Día
Internacional da Diversidade Funcional para lembrarnos que,
independentemente da nosa condición física e persoal, temos moito que aportar.
Porque todas e todos somos diferentes, pero contamos por igual.
Na nosa escola quixemos
visibilizalo coa actividade proposta dende o Departamento de Orientación “Todas
e todos baixo o mesmo paraugas”. E dende a biblioteca quixemos aportar o noso
granciño de area cunha pequena exposición de libros para traballar nas aulas ou
levar ás nosas casas.
Convidámosvos a collelos!
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Dende a biblioteca queremos agradecer a Antón e a Ana a súa participación voluntaria e desinteresada.
Seguiremos contando con vós!










