martes, 30 de abril de 2019

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

O dia 29 de Abril o alumnado de 4º curso recibiu a visita de Hector Cajaraville escritor gañador de varios premios literarios entre os que destacan o "Premio Xerais de novela"ou "Premio Merlín de Literatura Infantil". Veu falar do seu libro "quen da a quenda?"que tivemos o pracer de ler durante este trimestre. Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa labor literaria e sobre os personaxes que aparecen no seu libro.

Puidemos saber, da man do autor, a orixe da intrigante bruxa Divina, así como saber as claves do proceso de creación dun libro. Aínda que pareza incrible, os elementos inspiradores poden ser ás veces do máis inesperados e cotiás...
Contounos ademáis aspectos interesantes da vida de Antón Fraguas, autor conmemorado nas Letras Galegas deste ano, e deunos esperanzas dunha posible segunda parte con máis sorpresas e información de Divina, a nosa bruxa favorita.
Damoslle as grazas a Héctor por transmitirlle aos cativos a súa paixón pola escritura.

mércores, 10 de abril de 2019

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 O alumnado de 2º curso  tivo o pracer de  recibir a visita do escritor e poeta Antonio García Teijeiro gañador do "Premio Merlín de literatura infantil" en 1996 e do "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" no ano 2017. Os nenos e nenas tiñan lido o seu libro "HONORATO O RATO NAMORADO", que trata dun rato maravilloso que pinta as palabras de cores, e amosaron o seu interés facendo preguntas sobre o mesmo. Dámoslle a grazas a Antonio por facernos pasar uns momentos inolvidables.

Por último adicou firmou os libros dos nenos e nenas.

venres, 5 de abril de 2019

VISITA DE MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

O xoves 4 de abril recibimos a visita de MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ autor de MÚSICA NO FAIADO. O autor compartiu co alumnado de 5º de primaria os seus sentimentos ao escribir este delicioso libro no que conxuga música e memoria da nosa historia a través de dous irmáns que se asoman ao seu pasado familiar. 
Os nenos e nenas, que tiñan lido o libro, amosáronse moi interesados e mesmo fixeron distintas exposicións sobre o momento histórico ao que se refire.
 
Ao remate da charla o autor asinou os libros dos nenos e nenas con moito agarimo.


Dámoslle as grazas a Miguel Angel polo seu agarimo e por facer que a lectura sexa unha fonte de pracer e coñecemento.