Este foi un ano moi
peculiar e atípico, pero ao fin, coma
sempre, chegou o Nadal. O tempo das panxoliñas, do turrón, as felicitacións, os
agasallos…
Nesta ocasión todo vai
ser un chisco distinto. Un Nadal sen tantas apertas nin bicos, sen poder
compartir, sen que poidamos xuntarnos con toda a familia como en anos
anteriores... Haberá que quedar máis na
casa, saudar as amizades dende lonxe, ter moito coidado, coidarnos nós e coidar
dos outros.
A pesar disto, dende a
Biblioteca desexamos que gocedes deste tempo coa mesma ilusión de sempre e que tamén
aproveitedes estes días de lecer para ler e soñar.
Deixámosvos aquí as
nosas recomendacións lectoras que poderedes ter en conta á hora de facer ou
pedir un agasallo. Libros para as crianzas e para os maiores. Libros para toda
a familia cos que pasar un momento agradable mentres nos gorecemos do frío e da
pandemia
Que
teñades un Nadal cheo de alegría e saúde!
Vémonos no 2021!
Ningún comentario:
Publicar un comentario