A FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza a IX edición do Certame de Relato Curto.
Segundo
nos informa a propia FANPA, os principais obxectivos desta convocatoria son
fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión
escritas, estimular o uso da lingua galega nas familias, facilitar as
posibilidades de publicación á mocidade creadora, apoiar as escritoras/es
noveis e afeccionadas/os e crear un espazo común e familiar para a creación
literaria.
Dende o noso centro educativo, e particularmente desde a biblioteca escolar, apoiamos firmemente a idea desta convocatoria e animamos a todo o noso alumnado a participar na mesma.
Deixámosvos aquí as bases do concurso e a ligazón á web do certame onde se atopa o formulario que deberedes cubrir para poder participar e no que deberedes agregar o voso relato:
Lede ben as bases de participación e lembrade que os relatos deben ir asinados cun pseudónimo (o voso nome real debe indicarse no formulario de participación, pero non pode aparecer no relato).
A
data límite de participación remata
o vindeiro 10 de abril.
Ánimo e a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario