Esta mañá o alumnado de 5º de primaria recibiu a visita de Andrea Maceiras na Biblioteca escolar.
A escritora recoñeceu ter un vínculo especial con Soutomaior porque en 2007 gañou o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior co seu primeiro libro, Proxecto bolboreta.
Este ano as nenas e nenos de 5º leron un dos seus últimos títulos, A folla azul, gañador do Premio Merlín en 2020. A autora proxectoulles unha presentación sobre o libro e posteriormente conversou co alumnado, que tivo a oportunidade de facerlle diversas preguntas.
Resultou unha charla moi interesante e ao final asinou amablemente os exemplares mercados polo alumnado.
Foi un pracer tela entre
nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario