luns, 4 de marzo de 2024

APRENDENDO CON ESCOLAS NAS ONDAS


Hoxe o alumnado de 6º participou no obradoiro de radio “Escolas nas Ondas”, impartido polo actor de dobraxe Damián Alonso.

A finalidade destes cursos de formación é mellorar a competencia do alumnado na lectura e preparación dos textos e no manexo dos equipos de radio, e adquirir soltura á hora de enfrontarse á emisión dun programa.

As nenas e nenos ensaiaron a dobraxe de personaxes, redactaron noticias, elaboraron o seu propio programa e, finalmente, xa co manexo dos equipos, gravaron o seu podcast.

A actividade resultou, coma sempre, moi didáctica e instrutiva.

Foi un verdadeiro pracer contar de novo coa experiencia e bo facer de Damián Alonso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario