O pasado luns a rapazada de 6º recibiu a visita do proxecto Brazolinda, basado no deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Esta actividade foi proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua, tivo lugar na nosa biblioteca.
Os xogos elixidos para esta ocasión foron:
A noite do meigallo (adiviñas e rimas).
Sálvora (baseados en feitos reais).
O gatipedro (lendas galegas).
A fume de caroozo (no que se encargarán de gardar un segredo).
O alumnado de 6º foron os encargados de aprender e serán os encargados de ensinarlles a outros compañeiros. Esta é unha pequena mostra de como lles foi:
Agora deberán rematar a misión: xogar con outros cursos!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario