Aínda que un pouco máis
tarde do habitual, a biblioteca xa está case lista para comezar o novo curso.
Este ano, como
ben sabedes, vai ser diferente por mor do coronavirus. Debido aos protocolos COVID non poderemos organizar todas as actividades
que nos gustaría, teremos que limitar o aforo da biblioteca e renunciar aos
recunchos de xogos e á apertura no horario de recreo e polas tardes, pero aínda
así empezamos este curso con moita ilusión.
Contaremos con novas normas, novo horario e moitas restricións, pero faremos o posible para que poidades seguir aprendendo e gozando na vosa biblioteca.
De momento estamos con reformas, poñendo un novo chan, instalando un mellor alumeado e colocando novo mobiliario para tentar facela máis acolledora e agradable. Esperamos tela lista en breve e poder recibirvos nela, pero mentres tanto estaremos en contacto a través desta xanela.
Permanecede atent@s porque pronto comezaremos coa proposta dalgúns retos. Contamos con vós!
Vémonos axiña!
Ningún comentario:
Publicar un comentario